PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá busca o protagonismo activo dos veciños cun amplo programa de actividades
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou as propostas programáticas da Casa das Asociacións, na busca dunha participación activa dos veciños de Compostela na vida da súa cidade. Unha das primeiras actividades desenvolverase mañá venres, ás 20:30 horas, cunha homenaxe a Cantigas e Agarimos no seu 88 aniversario. O acto servirá para abrir unha exposición de fotografías e de traxes dedicada a esta agrupación folclórica.
COMERCIO
Katuxa Platero, Xocoátel e Pecados de Compostela, premiados na edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da edición de outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi a xoiaría Katuxa Platero; o segundo a tenda de chocolates Xocoátel; e o terceiro o estabelecemento de doces Pecados de Compostela.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello pon en marcha un Plan de Continxencia fronte á Gripe A
Co fin de asegurar o funcionamento dos servizos municipais esenciais, o Concello puxo en marcha un Plan de Continxencia fronte á Pandemia de Gripe A. O programa establece todos os protocolos e mecanismos de coordinación no caso de producirse contaxios da enfermidade. Incide fundamentalmente no labor de 250 empregados municipais da Policía Local, Protección Civil e Bombeiros.
PLENO
Visto bo ao cambio de uso de solo para o novo aparcadoiro de borde de Santa Marta
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a ampliación de usos permitidos polo Plan Parcial do SUP-6 de Santa Marta, en dúas reservas de equipamento. O seu obxectivo é posibilitar a implantación dun aparcadoiro en superficie de uso público.
PLENO
O Pleno aproba o III Plan de Igualdade
Na súa sesión ordinaria do mes de outubro, o Pleno municipal aprobou por unanimidade o III Plan de Igualdade. Tamén no eido do Benestar Social, ratificouse a proposta municipal de adhesión ao Programa Cidades Amigas da Infancia, de UNICEF. Ambos programas xa foran presentados esta semana pola titular do Departamento, Mar Martín.
TURISMO
Máis de 200 representantes de axencias de viaxe reúnense en Santiago nunhas xornadas de formación
Santiago de Compostela acolle ata o sábado 31 as Xornadas Técnicas e de Formación que cada ano organiza a Asociación Empresarial Grupo Europa, composta por 350 axencias de viaxes independentes que contan con máis de 450 puntos de venta distribuídos por todo o Estado. Nestas xornadas, nas que colaboran a Asociación Hostalería Compostela e Turismo de Santiago, entre outras entidades, participarán máis de 200 representantes de axencias de viaxes.
MOBILIDADE
O Concello considera as enquisas de mobilidade un traballo previo imprescindible para o posterior Plan de Mobilidade
O Consello de Administración da empresa municipal TUSSA, na sesión celebrada o pasado 27 de outubro, deu o visto bo ao prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas para a contratación dun servizo de enquisas de mobilidade no transporte público, cun tipo de licitación de 99.200 euros.
BENESTAR SOCIAL
Santiago de Compostela aspira a ser recoñecida como cidade amiga da infancia
O Pleno do xoves 29 de outubro terá na súa orde do día a adhesión de Santiago ao Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF. O Concello comprométese a realizar o impulso político e técnico necesario para conseguir o este recoñecemento, converténdose así na primeira cidade galega que o logra.
CIDADE HISTÓRICA
"Compostela Conta" ensinará arqueoloxía e historia dun xeito lúdico
Compostela Conta é un programa educativo de nova creación, dirixido todas as idades, coa finalidade de ensinar dun modo lúdico, didáctico e divertido o coñecemento histórico e arqueolóxico existente sobre un sector da Cidade Histórica, a partir dos traballos executados dende a Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica. Porase en marcha o 10 de novembro, con dous tipos de actividade: un gran xogo e unha visita guiada.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao presidente da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
O presidente da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Antón Fernández, mantivo un encontro con alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.