ACCIÓN CULTURAL
Teatro, festivais, música e as accións polo Día da Muller protagonizan a "Compostelánea" de marzo
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, deu a coñecer en rolda de prensa o número de marzo de Compostelánea, a publicación municipal que informa da ampla oferta cultural e de ocio de Santiago. Trátase do oitavo número desta revista mensual, que naceu no pasado mes de xullo co gallo de ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago de Compostela unha guía práctica da programación cultural e turística compostelá.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica a obra para eliminar o banzo no lousado de acceso peonil á rúa de San Francisco
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de eliminación de barreiras arquitectónicas no lousado da rúa de San Francisco, por un importe global de 10.196,72 euros á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales, S.L. (ACEVI). O prazo previsto de execución das obras é de cinco semanas.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC celebra en marzo o Día da Árbore e programa unhas xornadas sobre a "Auga en Compostela"
En marzo chega a primavera e, para darlle a benvida, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) celebrarán o Día da Árbore cun obradoiro e unha ruta. A programación completarase co habitual roteiro mensual e cunhas xornadas sobre a "Auga en Compostela", en colaboración con Viaqua.
FESTAS
A carroza "Ciklon" e a comparsa "Baixo o mar", gañadoras do concurso do martes de Entroido
A xente de Compostela botouse á rúa para presenciar e vivir a edición 2017 do desfile do martes de Entroido, que contou coa participación no concurso de sete carrozas, quince comparsas, nove grupos, catro parellas e once disfraces individuais. A todos eles sumáronse as numerosas persoas, pequenas e maiores, que se disfrazaron este día para vivir o desfile.