FESTAS
A Romaría Cativa e Charles Bradley, protagonistas deste sábado no Apóstolo
O público máis familiar foi o protagonista de boa parte da xornada do sábado das festas do Apóstolo, grazas á segunda edición da Romaría Cativa. Logo, pola noite, Charles Bradley encheu do mellor soul a praza da Quintana.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase a Carta de Consumo Responsable e Solidario
O Concello de Santiago asinou a Carta de Consumo Responsable e Solidario nun acto que se celebrou este sábado no Hostal dos Reis Católicos. O acto estivo organizado polo Concello en colaboración coa Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros e o Foro Enrique Peinador. Tamén participaron os rexedores da Coruña, Xulio Ferreiro; Lugo, Lara Méndez; Ferrol, Jorge Suárez; a alcadesa en funcións de Ourense, Flora Moure; o vicepresidente da FEGAMP e alcalde de Oroso, Manuel Mirás; e o secretario xeral de Política...
CONSORCIO
O Consorcio saca a concurso a reparación do tellado da igrexa de San Agustín
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a obra de reparación do tellado da igrexa de San Agustín, por un importe global de 83.747,61 euros. O prazo de execución desta actuación estímase en tres meses. As empresas interesadas teñen ata o 17 de agosto para presentar as súas ofertas.