TURISMO

Santiago acollerá o Festival de Patchwork de Galicia os días 5 e 6 de xuño

15/05/2015

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a presidenta da Asociación Galega de Patchwork Centón, Alfonsina Uriburu, presentaron a sexta edición do Festival de Patchwork de Galicia, que se celebrara en Área Central os días 5 e 6 de xuño. O festival, que terá lugar por segundo ano consecutivo en Santiago, está organizado pola Asociación Galega de Patchwork. O obxectivo do evento é dinamizar o crecente sector do patchwork en Galicia.

Ler máis

FESTAS

Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo presentan a comedia teatral "Sofocos Plus" en Santiago de Compostela

15/05/2015

Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo son as protagonistas de Sofocos Plus, comedia que poderemos en Compostela. As catro actrices, acompañadas da concelleira de Cultura, María Antón, presentaron a obra esta mañá na Casa do Concello. Poderemos vela este sábado 16, ás 19:00 horas, no Auditorio Abanca, enmarcada dentro das Festas da Ascensión.

Ler máis

EDUCACIÓN

Máis de 200 escolares amosarán o traballo do curso no X Festival de Danza Intercentros

15/05/2015

A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolle este domingo, a partir das 19:00 horas, a décima edición do Certame de Danza Intercentros, no que 229 alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria, inscritos nas actividades extraescolares de danza dos colexios C. San Xosé de Cluny, CEIP Pío XII, CEIP López Ferreiro, CEIP Arquitecto Casas Novoa, IES Arcebispo Xelmírez I e IES Rosalía de Castro deleitaran ao público con 16 pezas de danza de diferentes estilos coma danza clásica, baile moderno, moderno...

Ler máis

CULTURA

Concerto do Cuarteto Mendelssohn dentro do II Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España

15/05/2015

O Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) acolle este sábado 16, ás 20:00 horas, un concerto do Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración coa Fundación Albéniz e coa Escola Superior de Música Reina Sofía. O Cuarteto Mendelssohn de BP será o protagonista deste concerto, incluído tamén na programación das Festas do Apóstolo.

Ler máis
Compartir: