XUNTA DE GOBERNO

O Concello porá en marcha un protocolo para o control das colonias de gatos

24/04/2015

O Concello de Santiago vai aplicar un protocolo o control e salubridade das colonias de gatos no municipio. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria deste venres. Neste documento, apuntou o alcalde, Agustín Hernández, "propóñense diversas medidas na procura de integrar de forma efectiva na convivencia cidadá a existencia de gatos que viven en estado de liberdade, co obxectivo de agrupalos en colonias para facilitar a súa alimentación e controlar a súa reprodución e salubridade".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello recibe 200.000 euros para a contratación de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social

24/04/2015

A Xunta de Goberno acordou aceptar unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación temporal de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA para o ano 2015. Grazas a estas axudas, por un importe total de 201.018 euros, o Concello contratará catro técnicos de programas, nove administrativos, cinco conserxes e dous peóns.

Ler máis

CULTURA

Concerto da Banda Municipal de Música coa colaboración de Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia

24/04/2015

A Banda Municipal de Santiago e a Real Filharmornía de Galicia unen forzas para ofrecer a todos os melómanos de Compostela un concerto moi especial. A Banda ofrecerá, dentro do seu concerto dominical, a obra A double bass fantasy, do compositor catalán Moisès Bertran, acompañada por Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía. Esta obra foi composta por solicitude do contrabaixista húngaro Ivan Stankov e foi estreada en xaneiro de 2014 na cidade de Barcelona.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións internacionais medraron en Santiago un 45,71% no pasado mes de marzo

24/04/2015

O turismo internacional continúa crecendo en Santiago dun xeito considerable. No pasado mes de marzo alcanzáronse as 22.966 pernoctacións, segundo os datos do INE. Esta cifra supón un crecemento do 45,71% respecto de marzo do ano pasado, cando o número de pernoctacións foráneas foi de 15.761. Trátase do mellor dato de turismo internacional no mes de marzo na serie histórica do INE que comeza no 2005.

Ler máis
Compartir: