CONSORCIO

O Consorcio destinará este ano 150.000 euros para rehabilitar elementos de madeira e reixas nos inmobles da cidade histórica

21/03/2015

O Consorcio de Santiago celebrou esta semana Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados na orde do día destaca a aprobación das bases da convocatoria dunha liña de axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago.

Ler máis
Compartir: