ALCALDÍA

O Concello e a Dirección Xeral de Tráfico buscan fórmulas de colaboración

27/10/2015

O alcalde de Santiago recibiu esta mañá a xefa provincial da Dirección Xeral de Tráfico, Victoria Gómez Dobarro, nunha xuntanza na que tamén participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. O encontro serviu para repasar algúns asuntos nos que o Concello e a DXT veñen colaborando e para explorar novas vías de cooperación.

Ler máis

ALCALDÍA

Encontro do alcalde compostelán co presidente de RedEmprendia

27/10/2015

O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe o presidente de RedEmprendia, Senén Barro, e a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño. Foi un encontro no que se falou do evento SPIN 2016, unha cita sobre o emprendemento universitario no ámbito iberoamericano.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Concello de Santiago definirá as estratexias de emprego nos próximos cinco anos en base a un proceso de participación cidadá

27/10/2015

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi o proceso participativo que está desenvolvendo a Axencia Local de Colocación para deseñar as estratexias de emprego que se implantarán na cidade nos próximos cinco anos. Trátase dun proceso aberto á participación tanto dos axentes económicos e sociais da cidade como de todas as persoas interesadas, no que polo momento xa teñen colaborado 281 persoas, entre representantes de entidades e institucións,...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O pianista Francesco Tristano, protagonista do concerto do mércores 28 nas Xornadas de Música Contemporánea

27/10/2015

O pianista Francesco Tristano será o protagonista das Xornadas de Música Contemporánea o mércores 28 de outubro, no que será o penúltimo concerto do ciclo. Poderemos escoitalo a partir das 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas son de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal (no horario habitual, de 18:00 a 21:00 h) ou dende unha hora antes de que comece o concerto no propio Paraninfo da Universidade.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Mark Olson presenta este domingo o seu novo traballo dentro do ciclo Sons

27/10/2015

Mark Olson, fundador, cantante, guitarra e co-autor dos éxitos da banda The Jayhawks presenta en España Good Bye Lizelle, o seu revelador álbum de 2014, xunto con Ingunn Rongvold e o gran harmonicista español Juan Blas Becerra. Será o domingo 1 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Sons. As entradas para o concerto, a 10 € anticipada e 12 € o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Ler máis
Compartir: