ALCALDÍA

O alcalde informou aos veciños de Vista Alegre do estado das obras no barrio

16/10/2015

O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación de Veciños de Vista Alegre, encabezada polo seu presidente, Antonio Puga. O colectivo veciñal trasladoulle a Martiño Noriega o malestar da veciñanza polo atraso na execución destas obras, e recoñeceu sair satisfeito das explicacións recibidas por parte do rexedor.

Ler máis
Compartir: