ALCALDÍA
Reunión do alcalde cos responsables da Confraría dos Estudantes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro co presidente e co vicepresidente da Confraría dos Estudantes, Modesto Gómez e Rafael Sexto.
EDUCACIÓN
Xornada de portas abertas e un concerto para comezar Nadalxogo 2010
O xoves 23 de decembro inaugúrase no Multiusos Fontes do Sar o programa Nadalxogo 2010. E para comezar, celebrarase unha xornada de portas abertas das 17:00 ás 21:00 horas. E ás 19:00 horas, concerto inaugural de balde a cargo de Pablo Díaz, que presentará o seu traballo Tic-Tac.
EDUCACIÓN
O grupo Concellos e Educación constitúe as súas comisións de traballo
O xoves 23 de decembro, ás 10:00 horas na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (rúa Varsovia, 4 C – 6º planta), constituiranse as comisións do Grupo de Traballo "Concellos e Educación", formado polos concellos de Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Posteriormente, ás 11:15 horas, celebrarase unha rolda de prensa para explicar os obxectivos destas comisións
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugúrase a exposición "Morrer de infancia", do Grupo Revela, nos centros socioculturais de Vite e Fontiñas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o alcalde de Oleiros, Ángel Seoane; e o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, visitaron no Centro Sociocultural de Vite a mostra de fotografía Morrer de infancia, que se enmarca dentro da programación cultural do Foro 2010, que durante este mes ten lugar en Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
Os traballos do túnel do Hórreo estarán concluídos na primavera de 2011
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e ao xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, nunha visita ás obras do paso inferior para catro carrís do Hórreo. A visita coincidiu coa finalización da escavación dos dous túneles.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo felicítalle as festas aos composteláns e deséxalles o mellor en 2011
A Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, ofrecida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Á cita acudiron, ademais da Corporación, persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.