TRANSPORTES
O Concello inviste un millón de euros en case 14.000 bonos gratuítos para o transporte urbano
A rede de transporte urbano foi utilizada por 7.837.346 viaxeiros en 2008, o que supón un incremento de 115.445 usuarios con respecto a 2007. Estas cifras supoñen un asentamento da rede segundo a actual estrutura xeográfica e social do municipio nun ano sen grandes modificacións nas liñas e coas mesmas tarifas.
EMPREGO
Sesenta desempregados comezan a formarse como coidadores grazas ao Persoa IV
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, inaugurou o Proxecto Persoa IV no local formativo que a Concellaría ten na rúa Pérez Constanti, 4. Este programa experimental de emprego promoverá a integración laboral de 120 desempregados formándoos como coidadores.
CONSORCIO
Presentadas 12 ofertas para a execución do proxecto de reforma do antigo Banco de España
A mesa de contratación comezou a analizar as 12 ofertas presentadas ao concurso do proxecto de intervención no antigo Banco de España para convertelo no Museo das Peregrinacións e de Santiago. Entre as propostas figuran as das principais empresas construtoras asentadas dentro e fóra de Galicia.
FESTAS
Un Meco en crise dará a benvida ao Antroido dende o Pazo de Bendaña
Ás portas do Antroido de Compostela, a Concellaría de Festas ultima os preparativos para poñer en marcha as actividades programadas para o sábado 21. Obradoiros de disfraces, o desfile do Meco e o pregón abren o Antroido de Compostela.
ALCALDÍA
A patinaxe segue dando éxitos ao deporte compostelán
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ás integrantes e directiva do Club de Patinaxe Fontiñas. As patinadoras veñen de facerse co título no Campionato Galego de Grupos Show na modalidade de grandes, e coa quinta praza no de pequenos.