CULTURA
O espectáculo de Cirque Ici abre a programación cultural de xaneiro
"Un espectáculo de circo poboado de máquinas e de buscas sobre o movemento, sen feras nin animais, destinado a todo tipo de público maior de 10 anos". Así describiu a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o espectáculo de Cirque Ici, unha das propostas máis singulares da programación cultural de Santiago de Compostela para abrir o ano.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas definitivamente as obras do campo e costa do Cruceiro do Gaio e da rúa San Clemente
A Xunta de Goberno municipal aprobou, entre outros asuntos, a adxudicación definitiva das obras de reurbanización do campo e costa do Cruceiro do Gaio e da rúa San Clemente, no segundo tramo da rúa Raxoi. Tamén se elevou a definitiva a adxudicación do servizo de actualización do Catastro.
FESTAS
Cotillón, fogos artificiais e baile coa Orquestra Panorama para recibir o 2010
A Concellería de Festas preparou un animado programa para celebrar o fin do ano 2009 e dar a benvida ao 2010. Haberá reparto de bolsas de cotillón na Quintana -dende onde se poderán escoltar as badaladas da Berenguela-, fogos de artificio e un multitudinario baile na praza do Obradoiro.
CULTURA
A zarzuela, protagonista no terceiro concerto de Todo Lírica no Teatro Principal
Continúan os concertos de Todo Lírica 2009, novena edición do ciclo de concertos anteriormente coñecido como Festival de Zarzuela de Santiago, que organizan a Concellaría e a Asociación Galega da Lírica. E no terceiro dos concertos, que será o mércores 30, chega o momento da zarzuela.
MEDIO AMBIENTE
A primeira "Guía verde de Santiago de Compostela" propón un percorrido alternativo e inédito pola cidade
Chega ás librerías unha guía nova de Compostela que se ocupa dun aspecto do que se ten pouco publicado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica. Trátase da Guía verde de Santiago, unha obra publicada por Alvarellos Editora e o Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable. Foi presentada no Concello, nun acto no que...