COMERCIO
Media Lúa, Andrómenas e Floristería Lilas, premiados na edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Nadal do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi a tenda de marroquinería Media Lúa; o segundo, o estabelecemento de decoración Andrómenas; e o terceiro, Floristería Lilas.
ALCALDÍA
A rehabilitación da Casa do Cabildo iniciarase á volta do verán de 2010
Unha vez aprobado pola Comisión Asesora do Casco Histórico o anteproxecto de rehabilitación da Casa do Cabildo, a intención do Concello é que as obras se realicen a partir do outono de 2010, co obxectivo de que estean rematadas cara o verán de 2011. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa rolda de prensa semanal.
EDUCACIÓN
"Nadal de Danza" leva a escena as coreografías dos escolares composteláns
O Teatro Principal acollerá o domingo 20 de decembro, ás 19:00 horas "Nadal de Danza`09". Será unha excelente oportunidade para observar en vivo as habilidades coreográficas das escolares compostelás –unicamente hai un alumno- con obras dos máis variados estilos.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o labor dos traballadores municipais en 2009
Como cada ano por estas datas, os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un satisfactorio ano 2010.
ALCALDÍA
Nova imaxe de bulevar urbano para a rúa Londres, en Fontiñas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou as obras de reurbanización da rúa Londres, en Fontiñas, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obra seguiu o modelo da xa reformada rúa Berlín, afectou a un tramo de 550 metros de lonxitude e supuxo un investimento de case 2,5 millóns de euros.
CONSORCIO
O Consello de Administración do Consorcio aproba un orzamento de máis de 14 millóns de euros para o ano 2010
O Consello de Administración do Consorcio de Santiago aprobou un orzamento de 14.374.376,65 euros para o exercicio 2010, o que permitirá desenvolver os proxectos e programas do organismo interadministrativo, orientados a promover as políticas de recuperación urbana e de dinamización turístico-cultural da cidade, ademais da atención dedicada ao Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade Histórica.