EDUCACIÓN E DEPORTES
Nadalxogo volve ser o espazo ideal de lecer para os máis novos nestas festas
O sábado 19 de decembro comeza unha nova edición do programa Nadalxogo, cunha ambiciosa oferta de lecer para todos os públicos. Todos os días ata o 27 de decembro, agás o 24, o Multiusos Fontes do Sar abrirá as súas portas en horario de 17:00 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos xubilados de 2009 os seu anos de servizo aos cidadáns
Como cada fin de ano por estas datas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos traballadores do Concello xubilados. Todos eles recibiron unha placa en recoñecemento ao seu labor municipal de tantos anos.
CULTURA
O ciclo "Todo Lírica" presenta cinco concertos no Teatro Principal
A canción napolitana, a ópera e o tango serán este ano os protagonistas no ciclo Todo Lírica, que celebrará entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro cinco concertos no Teatro Principal de Compostela.
DEPORTES
Tempo para patinar sobre o xeo
Un ano máis, os afeccionados a patinar sobre o xeo teñen á súa disposición unha pista no Recinto Feiral de Amio. Estará aberta do 18 de decembro ao 17 de xaneiro, agás os días 24 e 31 de decembro pola tarde e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro pola mañá. O sábado 19 inauguraraa oficialmente o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
COMERCIO
Reparto de catálogos de "Regalar custa pouco" na praza Roxa e na praza do Toural
O venres, día 18, están programadas dúas accións de animación en rúa, na praza do Toural e na praza Roxa, entre as catro e media e as sete da tarde, nas que se repartirá de balde o II Catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, editado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.