EDUCACIÓN
A Semana da Ciencia achega os escolares ao mundo da robótica
Do 9 ao 14 de novembro celébrase na Casa das Asociacións, en Cornes, a Semana da Ciencia, que nesta ocasión ten como tema A maxia da robótica. Entre as actividades previstas figura un obradoiro dedicado á robótica, unha exposición e un concurso sobre o tema.
COMERCIO
Entregadas as bandas de escaparatismo aos comercios gañadores da edición de outono
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na edición de outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: Katuxa Platero. Xoiaría de autor, a tenda de chocolates Xocoátel, e o estabelecemento de doces Pecados de Compostela.
CULTURA
A Banda Municipal de Música ten programación de temporada por primeira vez na súa historia
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director da Banda Municipal de Música, Xosé Carlos Seráns, presentaron a programación da Banda Municipal para esta temporada 2009/2010. Fixérono presentando tamén o folleto que recolle toda esta programación, así como unha pequena introducción histórica da Banda e o listado completo de músicos que a forman.
CULTURA
Seis mil escolares asistirán á ópera "A Cincenta" no Auditorio de Galicia
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou no Auditorio de Galicia a ópera A Cincenta, do compositor italiano Gioachino Rossini. Encadrada nos Concertos Didácticos que ofrece o Auditorio, a obra está dirixida a escolares de 6 a 12 anos. Poderán gozar dela uns 6.000 nenos e nenas de toda Galicia.
TURISMO
Santiago acollerá unha nova edición do Fórum Gastronómico
Tras o éxito obtido en 2008, con máis de 15.000 visitantes e máis de 150 expositores, o Fórum Gastronómico trasladarase denovo ao Recinto Feiral de Santiago do 20 ao 24 de febreiro. Serán 6.000 metros cadrados de espazo expositivo no que estarán presentes algunhas das mellores empresas do sector enogastronómico.
ALCALDÍA
O alcalde clarificou a situación aos veciños do Banco do Pobre
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e polo concelleiro de Obras, Bernardino Rama, mantivo unha xuntanza no Centro Sociocultural de Santa Marta coa práctica totalidade de representantes das 30 familias que residen no grupo de vivendas San Ignacio de Loiola, popularmente coñecidas como Banco do Pobre.
CULTURA
A Transición en Galicia, a debate en Cineuropa tras a proxección de "A mirada de Anna"
Continúan as proxeccións de Cineuropa, que se celebra ata o 2 de decembro, pero tamén os diferentes eventos que se artellan arredor do festival, organizado pola Concellaría de Cultura. Así, o martes 10, tras a proxección de A mirada de Anna haberá un debate arredor da Transición en Galicia.