EMPREGO
Promoción Económica cualifica como "razoablemente bo" o comportamento do paro na primeira metade de 2009
Presentouse en Raxoi o Boletín sobre o mercado laboral de Compostela correspondente ao primeiro semestre de 2009. Esta publicación recolle os principias indicadores laborais e económicos na cidade e é un instrumento para a orientar as políticas activas de emprego que se realizan dende o Concello.
ALCALDÍA
A mostra "Miradas" revisa a arte galega en diálogo coas vangardas internacionais
A sede da Fundación Caixa Galicia, na rúa do Vilar, acolle ata o 30 de marzo de 2010 a exposición Miradas. Cara o paraíso. Un diálogo coa arte galega e as vangardas internacionais, comisariada por Fernando Castro. Está composta por 51 pezas procedentes da Colección Caixa Galicia.
ALCALDÍA
O presidente da Xunta será o delegado rexio na Ofrenda da Traslación e no acto de apertura da Porta Santa
Segundo lle comunicou a Casa Real ao alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será o delegado rexio tanto no acto da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo de 2009, que terá lugar o mércores 30 de decembro, como no acto de Apertura da Porta Santa, o xoves 31 de decembro.
CULTURA
O Auditorio de Galicia estrea cuberta
As obras de renovación da cuberta do Auditorio de Galicia están practicamente rematadas. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, comprobou persoalmente o estado da reforma, acompañada polo director xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, pola arquitecta responsable da reforma, Cristina Ouzande, e máis polo director técnico do Consorcio de Santiago, Ángel Panero.