BENESTAR SOCIAL
Santiago de Compostela aspira a ser recoñecida como cidade amiga da infancia
O Pleno do xoves 29 de outubro terá na súa orde do día a adhesión de Santiago ao Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF. O Concello comprométese a realizar o impulso político e técnico necesario para conseguir o este recoñecemento, converténdose así na primeira cidade galega que o logra.
CIDADE HISTÓRICA
"Compostela Conta" ensinará arqueoloxía e historia dun xeito lúdico
Compostela Conta é un programa educativo de nova creación, dirixido todas as idades, coa finalidade de ensinar dun modo lúdico, didáctico e divertido o coñecemento histórico e arqueolóxico existente sobre un sector da Cidade Histórica, a partir dos traballos executados dende a Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica. Porase en marcha o 10 de novembro, con dous tipos de actividade: un gran xogo e unha visita guiada.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao presidente da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
O presidente da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Antón Fernández, mantivo un encontro con alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TRANSPORTES
A liña 1 do servizo de transporte urbano incrementa as súas frecuencias os días de Todos os Santos e Defuntos
Con motivo da festividade de Todos os Santos e Defuntos, os días 31 de outubro e 1 de novembro, a liña 1 do transporte urbano incrementará as súas frecuencias para dar servizo ao cemiterio de Boisaca.
ALCALDÍA
Deportistas de Special Olympics Galicia peregrinarán a Santiago durante o Xacobeo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e a unha representación desta entidade.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago publica 24 historias do primeiro ferrocarril de Galicia
O Consorcio de Santiago e a editorial Sotelo Blanco sacan á luz Historias do Carril-Cornes, un libro que recolle diferentes relatos ao redor da primeira liña férrea que houbo en Galicia e que unía Santiago coa ría de Arousa.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia, Ute Lemper e Die Singphoniker celebran cun concerto o 20 Aniversario do Auditorio de Galicia
O xoves 29 de outubro, o Auditorio de Galicia conmemora os seus primeiros vinte anos de vida cun concerto especial. A Real Filharmonía de Galicia, orquestra residente no auditorio compostelán, preparou para a ocasión un concerto moi especial que contará coa cantate Ute Lemper e co coro alemán Die Singphoniker. Todo baixo a batuta do seu principal director convidado, Paul Daniel.