CONSORCIO
Sánchez Bugallo entrega o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana ao alcalde de Gracias (Honduras)
O alcalde de Gracias (Honduras), Jesús Eliseo Villanueva, e a directora da Oficina de Conxuntos Históricos Colosuca, Clara Cómez Pineda, recibiron de mans do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008, dotado con 180.000 euros.
BENESTAR SOCIAL
Quilombagem, un canto contra a escravitude
O sábado 13 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Colexio Peleteiro, terá lugar a representación do espectáculo Quilombagem. Un canto á resistencia antiga e nova, fronte a escravitude. Os fondos recadados serán para o Centro de Defensa da Vida e dos Dereitos Humanos de Açailandia (Brasil).
ALCALDÍA
A revitalización do Casco Histórico recibirá un novo impulso en 2010 coa inauguración de catro novos edificios
O ano 2010 será un ano de inauguracións no Casco Histórico, o que suporá "un novo impulso á revitalización" desta área da cidade, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Durante ese Ano Xacobeo inaugurarase o Centro Social Caixanova en Cervantes, o Auditorio Caixanova no antigo edificio de El Pilar, o Museo das Peregrinacións no antigo Banco de España e, probablemente, a remodelada Casa do Cabildo, que quedará vinculada ao devandito Museo.
CULTURA
A tradición musical do Kurdistán visita Compostela na voz de Aynur
O Festival de Músicas do Mundo Sons da Diversidade pecha o seu programa de 2008 cun concerto da cantante turca Aynur. O recital será o sábado 13 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. Aynur pecha así o paso de grandes artistas en 2008 polo Auditorio dentro do ciclo Sons da Diversidade: Moving Hearts, Ute Lemper, Uxía, Tom Zé, Laurie Anderson, Rufus Wainwright, Fuxan os Ventos ou Manu Dibango.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Navalla Suíza, Tórculo e Área Central, galardoados na novena edición do Premio Manuel Beiras
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da novena edición dos Premios Manuel Beiras. Os gañadores foron A Navalla Suíza, Torculo e Área Central.
MERCADOS
Santiago preside a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando
Carlos Nieves, concelleiro de Mercados, presidiu a xuntanza anual da Asociación Española de Mercados de Gando, ASEMGA, que se está a celebrar na localidade asturiana de Pola de Siero.