XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a redacción dos proxectos para a reubanización dos accesos á cidade
A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente o servizo de redacción das obras de urbanización dos contornos urbanos de acceso á cidade. En total, investirase 410.897 euros máis IVE nesta elaboración dos proxectos, que afectarán a cinco tramos.
ALCALDÍA
Unha mostra para suscitar a curiosidade polas matemáticas
A Galería Sargadelos acolle ata o 14 de novembro a exposición "Escher e Matemáticas. Diálogo entre Ciencia e Arte", con motivo da Semana da Ciencia. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra.
GOBERNO MUNICIPAL
O Goberno municipal pídelle á oposición que faga un uso responsable do seu dereito a solicitar información
En relación coas reiteradas manifestacións de concelleiros do PP acusando ao Goberno Municipal de negarlles a información solicitada, o Goberno municipal quere aclarar que os membros da oposición teñen a posibilidade de revisar todos os expedientes que van á Xunta de Goberno nas 48 horas seguintes á súa celebración, se así o desexan.
ALCALDÍA
O Concello achega máis de 100.000 euros a cinco proxectos sociais
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou cinco convenios de colaboración con outras tantas asociacións do ámbito sociosanitario por un importe global de 109.051 euros. Trátase de Cáritas Interparroquial, Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home; Cruz Vermella e Cáritas Diocesana.
ALCALDÍA
Santiago será escenario dun congreso estatal do sindicato Comisións Obreiras
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Carlos Gesto, representante de Comisións Obreiras (CC.OO).
COMERCIO
Unha nova campaña promove as compras nos comercios da cidade durante o Nadal
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou o I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. Este programa ten como obxectivo potenciar as compras nos estabelecementos comerciais da cidade durante o Nadal. Os comerciantes que presenten as mellores propostas poderán ver os seus produtos recollidos nun catálogo, xunto á identificación do comercio, que se distribuirá entre a cidadanía de Compostela en comercios, restaurantes, oficinas do...
CULTURA
Cineuropa 2008 achégase ao extremo oriente na sección Mundo Asia
O Festival Cineuropa, organizado pola Concellaría de Cultura, ten amosado en edicións anteriores unha especial sensibilidade cara ás creacións procedentes de países orientais que nos permiten un achegamento profundo a unha cultura tan arredada como engaiolante. Na edición de 2008 os filmes procedentes do extremo oriente agrúpanse na sección Mundo Asia, composta por oito obras dalgúns dos autores máis nomeados do continente asiático.
CIDADE HISTÓRICA
Aprobado o proxecto de Gallego Jorreto para transformar o Banco de España no Museo de Santiago e das Peregrinacións
Na xuntanza mantida polos membros da Comisión Asesora do Casco Histórico quedou aprobada a remodelación que converterá o edificio do antigo Banco de España na sede do Museo Nacional de Santiago e das Peregrinacións. O edificio da Praza das Praterías forma parte do patrimonio non catalogado dentro do recinto de intramuros e requiriu unha modificación do Plan Especial para adaptar o seu uso.