SERVIZOS
Nove composteláns gozarán dunha fin de semana nunha casa de turismo rural polo bo uso do contedor amarelo
Os nove gañadores da campaña de recollida de plástico, latas e briks promovida por Ecoembes recibiron os vales que lles permitirán gozar dunha estancia de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de Galicia.
EDUCACIÓN E DEPORTES
Inaugurada oficialmente unha nova edición de Ferradura Aberta
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios membros da Corporación municipal, inaugurou oficialmente unha nova edición de Ferradura Aberta. As actividades prolongaranse ata o 27 de xullo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle o 27 e 28 de setembro a primeira reunión de REDEL
Santiago acollerá o 27 e 28 de setembro a primeira reunión da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), da que Compostela é socio fundador. No encontro concretaranse as accións contempladas no Plan de Actuación 2007. O plan, aprobado o 31 de xaneiro do 2007 en Bilbao, contempla tres liñas de acción: reflexión sobre áreas clave de actuación, comunicación externa e desenvolvemento de proxectos, e acceso a financiamento. A estas liñas de traballo engádese a de labores de xestión...
TURISMO E CULTURA
Turismo e Cultura preparan os actos conmemorativos do nomeamento do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo
O concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o tenente de alcalde, Néstor Rego, reuniranse o venres 13 co Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco. Na xuntanza trataranse diferentes temas dos ámbitos nos que teñen competencias comúns a Concellería e a Consellería: a promoción económica, o comercio e o turismo.
FESTAS
As Festas do Apóstolo comezan co pregón da actriz galega Isabel Blanco
As Festas do Apóstolo arrincan o venres 13, coa lectura do pregón, que correrá a cargo da actriz galega Isabel Blanco. Para esta emigrante retornada de Suíza supón "unha grande ilusión poder iniciar co meu pregón as festas do Apóstolo deste ano e que se recoñeza o meu traballo".