INCENDIOS
Os servizos de extinción do Concello interviron para sufocar 171 incendios no mes de agosto
Os lumes producidos no mes de agosto no termo municipal de Santiago obrigaron aos servizos de extinción do Concello a realizar 171 intervencións no mes de agosto, segundo os datos facilitados polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Baqueiro. A cifra contrasta cos 26 incendios rexistrados neste mesmo período do pasado ano e falan da intensidade da vaga incendiaria que afectou a unhas 1.100 hectáreas en Compostela.
ALCALDÍA
Compostela acolle a reunión preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno
Responsables da área de Cooperación ao desenvolvemento e coordinadores nacionais de 22 Estados americanos e da península ibérica participan en Santiago na xuntanza preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, que se celebrará en novembro en Montevideo (Uruguai). Neste marco, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias.
EXPOSICIÓN
O Museo do Pobo Galego amosa os últimos cen anos de arte española a través de 55 obras
A Fundación María José Jove inaugurou a exposición "Itinerarios Artísticos" no Museo do Pobo Galego de Santiago. A colección inicia así a súa andaina por Galicia nun ciclo que, durante os últimos catro meses de 2006, levaraa tamén ao Museo Provincial de Pontevedra e ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e contou coa presenza, entre outros, do conselleiro de Presidencia,...
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Novos cursos de lingua galega
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de lingua galega que convoca a Concellaría de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os cursos están destinados ao público en xeral, na súas modalidades de iniciación e perfeccionamento.
CURTOCIRCUÍTO
CurtoCircuíto na Rúa trae as mellores curtas internacionais de animación
O xoves 7 de setembro, na Praza de Cervantes, proxectarase unha selección das mellores curtas de animación a nivel internacional, as máis premiadas en festivais de todo o mundo. Esta é a oitava proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, que, como cada xoves, xuntará ao público habitual nunha praza da cidade vella.