ALCALDÍA
Recoñecemento ao ciclismo compostelán
Xusto antes de que se celebre o Día da Bicicleta, o domingo 24, pasaron por Raxoi algúns dos principais promotores deste deporte na cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu ao recente gañador da Volta a Portugal, o santiagués David Blanco; ao campión de España cadete de fondo en estrada, Pedro Macía; e aos integrantes do Club Ciclista Mobles Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha homenaxeou a Luciano García Alén
A pesar da intensa choiva, o barrio da Rocha Vella rendeulle unha sentida homenaxe a un dos seus veciños, Luciano García Alén, e á súa dona, María García Ayuso. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, uniuse a este recoñecemento e descubriu unha escultura de Xosé Méndez Pérez (Xexu) sobre o "Conto do Castelo da Rocha", creado polo homenaxeado.