LIMPEZA
A nova Ordenanza de Recollida de Residuos e Limpeza Viaria incrementará as sancións para aqueles que deterioren a calidade de vida dos cidadáns
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto da Ordenanza de Recollida de Residuos e Limpeza Viaria, que responde pretende responder ás novas demandas que nesta materia ten a cidade. En especial, destaca o aumento significativo das sancións para aqueles que ensuxen a cidade ou realicen botellóns, entre outras infraccións nun intento de que sirvan como medida disuasoria.
XUNTA DE GOBERNO
O martes de Antroido e o San Roque serán festivos locais en 2007
O Goberno local tamén acordou fixar os días das festas locais do municipio para o vindeiro ano 2007. O martes de Antroido, o 20 de febreiro, e o día de San Roque, o 16 de agosto, festividade de San Roque, serán festivos en Santiago. Dáse a circunstancia de que este ano a Ascensión coincide o día 17 de maio coa celebración do Día das Letras Galegas, motivo polo que non se estableceu esta data.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocada unha nova edición do Concurso Municipal de Escaparatismo
O concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, ten este ano catro edicións, coincidindo coas diferentes estacións do ano. Celebradas xa as de primavera e verán, toca agora presentar a convocatoria de outono. Coma en ocasións anteriores, para garantir unha maior participación dos comercios composteláns, remitirase unha carta de convite a cada comercio, xunto coas bases do concurso e o formulario de inscrición.
EMIGRACIÓN
Desenvólvese a bo ritmo o censo de residentes composteláns en Arxentina
A concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, viaxou a Arxentina para supervisar a marcha do censo de residentes composteláns neste país. Ademais, aproveitou a súa visita para resolver diversos problemas aduaneiros, para interesarse pola situación dalgúns residentes e para reunirse con distintas entidades da emigración.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Segue aberto o prazo de inscrición para o concurso I+C
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio manterá aberto ata o día 30 do mes de setembro o prazo para a participación no primeiro concurso I+C (Imaxinación máis Comercio).
TURISMO
Compostela continúa o seu traballo de asesoramento turístico e arquitectónico en QuFu
Representantes do Concello de Santiago regresan a China para supervisar o avance das propostas compostelás para a reordenación turística e patrimonial de Qu Fu, e asinar o documento definitivo de irmanamento entre ambas cidades Patrimonio da Humanidade.
EDUCACIÓN
Lista provisional de admitidos na Escola Infantil Municipal de Fontiñas
Publicada a lista provisional de admitidos na Escola Infantil Municipal de Fontiñas, nos seus tres grupos de idade e aulas.