DÍA DE INTERNET
Santiago aposta polos blogs coa campaña "Cadernos Composteláns"
O Concello de Santiago de Compostela e a axencia Europa Press presentaron hoxe Cadernos composteláns, unha plataforma de blogs vinculada á cidade compostelá e concibida para axudar aos veciños e colectivos a ter o seu propio diario persoal en Internet, cun enfoque principalmente local. Esta iniciativa que Santiago estrea hoxe enmárcase dentro dos actos de celebración do Día Mundial de Internet, o vindeiro 17 de maio.
TURISMO
Incolsa e o Xacobeo acordan financiar a participación compostelá nas ‘Cidades Santas’
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, asinaron un convenio de colaboración para a promoción de Santiago de Compostela no marco da rede "Cidades Santas", á que pertencen tamén Roma e Xerusalén. Este proxecto potenciará á cidade a nivel internacional como destino turístico.
EDUCACIÓN
A campaña de animación á lectura "Un, dous, tres, que les? remata cun grande éxito de participación
A VI Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago concluíu cunha animada sesión de contos e música á que asistiron un cento de nenos e nenas cos seus pais e nais. A Galería Sargadelos acolleu o acto de clausura, ao que asistiu a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, e os ilustradores Óscar Villán, Federico Fernández e Marc Taeger.