POLÍTICA LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras gratificará unha edición máis os esforzos en prol da normalización do galego
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan unha nova edición do Premio Manuel Beiras. Este galardón outorga un recoñecemento público ao esforzo de normalización do uso do galego no sector empresarial.
CULTURA
A fonte da Praza de Fonseca recibe 10.000 moedas nunha nova intervención de "A cidade interpretada"
Comeza a segunda fase da exposición "A cidade interpretada". Faino coa presentación da obra do artista eslovaco Román Ondák "Lucky day" (Día de sorte). O acto consistiu en arroxar 10.000 moedas na fonte da Praza de Fonseca.
EDUCACIÓN
As sesións de dinamización educativa chegan á escola de O Rial-Laraño
Tralo paso pola escola de O Gaioso-Eixo, as sesións de dinamización educativa nas escolas rurais chegan o xoves 9 de novembro á de O Rial-Laraño. Asistirán os escolares deste centro e os da Peregrina e Feáns-Villestro.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell conmemora o nacemento do artista
Como ven sendo habitual dende desde hai anos, a Fundación Granell realiza un acto de conmemoración do nacemento do artista no mes de novembro. En 2006 a conmemoración consistirá nunhas xornada de portas abertas da institución do 22 ao 29 de novembro.
TURISMO
O tráfico de Lavacolla medra un 18% respecto a outubro de 2005
Segundo estimacións de Turismo de Santiago, o aeroporto compostelán rexistrou o mes de outubro uns 180.000 viaxeiros, o que supón unha suba do 18% respecto ao mesmo período en 2005 e unha media de crecemento acumulado do 9,5% no que vai de ano. Estas satisfactorias cifras únense ás de ocupación hoteleira, que alcanzaron o 61,6%.
TURISMO
A campaña "Vivir Compostela" conclúe con máis de 3.200 participantes
A campaña municipal de sensibilización fronte ao turismo chegou no mes da súa reedición a máis de 3.000 participantes e converterase en programa anual a partir de outono do 2007.
CULTURA E DEPORTES
O mellor hip-hop no Multiusos de Sar
O venres 10 de novembro celebrarase no Multiusos de Sar a cuarta edición do Microfest. O festival, que conta coa colaboración do Concello de Santiago, contará coa presenza de Tote King, Juaninacka, Mucho Múchacho e Violadores del Verso. O evento contará tamén cunha serie de actividades paralelas. A entrada para para o Microfest custa 25 euros de forma anticipada e 28 euros en taquilla.