CULTURA
Nova edición do Premio de investigación sobre o traxe tradicional galego "Antonio Fraguas"
Na primeira quincena de decembro fallarase o XII Premio de investigación sobre o traxe tradicional galego "Antonio Fraguas", o único deste tipo existente na Comunidade Autónoma. Nesta edición, o galardón, que busca divulgar o máis amplo coñecemento do traxe galego, contará cun orzamento de 2.400 euros, dos que 1.800 se destinarán a premios.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Os mozos e mozas de Compostela teñen unha cita na Alameda co programa "Xuventude, moito que dicir"
O Concello de Santiago e a Fundación "la Caixa" poñen en marcha unha serie de iniciativas para os mozos e mozas de Santiago, a través dun programa xenérico que leva por título "Xuventude, moito que dicir". Trátase dun programa itinerante que recoñece e destaca o papel activo dos máis novos na construción da sociedade e que promove entre eles valores éticos e de convivencia como a responsabilidade, o compromiso, o esforzo e o civismo.
CONSORCIO
O violinista Daniel Hope acompaña á Real Filharmonía con obras de Falla, Hallfter e Bernstein
O prestixioso violinista británico Daniel Hope acompañará á Real Filarmonía de Galicia nun concerto que repasará "Fuego Fatuo", unha das obras máis recoñecidas de Manuel de Falla. O repertorio do xoves 9 complétase coa "Obertura festiva", de Rodolfo Halffter, e unha serenata de Leonard Bernstein.
ALCALDÍA
O alcalde asiste á X Edición de "Barcelona Meeting Point"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, desprazarase na xornada do mércores 8 á cidade condal para asistir á X Edición de "Barcelona Meeting Point", un encontro cuxa sesión plenaria versará sobre arquitectura e urbanismo, e que contará coa presenza de relevantes figuras internacionais nestes campos. O xoves, o rexedor santiagués visitará Casa Asia, unha entidade que promove a cooperación entre Europa e os países asiáticos.