URBANISMO
Reaxustes nas rúas do SUP-6 da Choupana
A Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o estudio de detalle na rúa da Choupana do solo urbanizable programado número 6 (Sup-6) de Santa Marta. Este documento, elaborado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA), "axusta as aliñacións correctamente", tal como indicou o concelleiro de Urbanismo, Luís Toxo.
SEGURIDADE
O Plan Municipal de Emerxencia marcará as actuacións ante calquera tipo de risco na cidade
Compostela contará en breve cun Plan de Emerxencia Territorial de Protección Civil, que determinará as actuacións a levar a cabo ante calquera situación de risco na cidade. A Xunta de Goberno local aprobou a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración deste programa, por un importe de 49.000 euros.
BENESTAR SOCIAL
A Concellaría de Benestar Social lanza varios programas de prevención das drogodependencias
Previr as drogodependencias é o obxectivo de varios programas que vai por en marcha a Concellaría de Benestar Social. O Goberno local aprobou a adxudicación de tres iniciativas con este fin.
CASCO HISTÓRICO
Case 272.000 euros para a restauración e mantemento dos enlousados de pedra no Casco Histórico
O Goberno local aprobou o proxecto de restauración e mantemento dos enlousados de pedra da Cidade Histórica. Nesta actuación vanse investir 271.931 euros.
BENESTAR SOCIAL
"Educación de Rúa" actúa fronte ao risco de exclusión social
Co obxectivo de previr riscos sociais xorde "Educación de rúa", un programa dirixido fundamentalmente a nenos e adolescentes en situación de risco social. A iniciativa porase en marcha nos barrios de San Pedro e Fontiñas, durante un período de oito meses.
ALCALDÍA
O alcalde recibe á Asociación Fuco Buxán de Ferrol
O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse con representantes da Asociación Fuco Buxán de Ferrol. Durante a xuntanza falaron da preparación da "Homenaxe de Galicia a Isaac Díaz Pardo", que a asociación ferrolá está a levar a cabo.
ALCALDÍA
Visita do embaixador de Alemaña
O embaixador de Alemaña, Wolf-Ruthard Born, pasou polo Pazo de Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O embaixador está de visita en Galicia, onde se está a manter diversas xuntanzas.