SERVICIOS SOCIAIS.
Os programas de prevención da VIH/ SIDA e enfermidades sexuais melloran os coñecementos dos adolescentes.
A maior valoración e confianza no uso de métodos antioconceptivos e de prevención, e especialmente no uso do preservativo, é un dos resultados do Programa de Prevención do VIH/ SIDA desenrolado pola Unidade de Atención Municipal aos Drogodependentes (UMAD). O emprego de case que a totalidade dos métodos de prevención foi considerado máis eficaz ao remate deste obradoiro, a excepción da "marcha atrás", cumpríndose así o propósito formativo fundamental desta iniciativa.
ALCALDÍA
Recepción no Concello a Música en Compostela
A Alcaldesa en funcións Teresa García-Sabell recibiu o luns 22 de agosto no Palacio de Raxoi aos alumnos do curso internacional Música en Compostela.García-Sabell resaltou o orgullo que para a cidade supón acoller unha convocatoria de tal envergadura.