ALCALDÍA
O alcalde publica un bando con motivo dos actos conmemorativos do Premio de Europa
O venres 1 de xullo, data de comezo dos actos de conmemoración, publícase na prensa un bando dictado polo alcalde de Santiago.
TURISMO
Turismo de Santiago organiza un servizo diario de visitas guiadas en inglés
Pónse en marcha un servizo de percorridos guiados en idioma inglés para todo o verán.
ALCALDÍA
As cidades Premio de Europa ratifican a súa confianza na construción solidaria de Europa
As cidades Premio de Europa expresaron a súa confianza na superación da actual crise europea, na que as cidades deben contribuír a recuperar o entusiasmo da cidadanía, segundo expresou a Alcaldesa de Tübingen e Presidenta da Asociación de Cidades Premio Europa, Brigitte Russ-Scherer, no transcurso dos actos de celebración do 50 aniversario da creación destes galardóns polo Consello de Europa.
EDUCACIÓN
Barcelona e a Limia, destinos da oferta de verán que organiza o Departamento de Educación para nenos e mozos composteláns
Desde hai vinte anos o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago oferta no tempo de verán diferentes propostas para o tempo de lecer dos nenos e mozos. Estas posibilidades para o verán son diferentes, atendendo a características organizativas, ás idades ou ao tamaño do grupo, entre outros factores.
PREMIO DE EUROPA
Representantes das cidades Premio de Europa e membros do Consello asinan no Libro de Ouro da cidade
Os actos de celebración do 50 aniversario da creación deste premio e do 20 aniversario da concesión desta distinción a Compostela continuaron durante a tarde do venres 1 de xullo. Tras unha visita guiada pola cidade, os alcaldes e representantes das cidades premiadas, membros do Consello de Europa, ex-presidentes e parlamentarios dirixíronse ao Concello, onde estaba prevista unha visita institucional e unha cea fría.