EDUCACIÓN E MOCIDADE
Fernando Palacios impartirá un obradoiro dirixido ao profesorado de música
O curso, cunha duración de tres días, conta co recoñecemento da Consellería de Educación da Xunta e ten o obxectivo de dotar aos profesionais e profesorado que queiran complementar a súa formación musical ou escénica con coñecementos sobre técnicas de presentación de concertos didácticos.
CEMITERIOS
Novas tarifas dos servizos do tanatorio municipal
A Xunta de Goberno Local do luns 10 de outubro aprobou as novas tarifas por utilización dos servizos do tanatorio para o ano 2005.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Volven os obradoiros de dinamización lingüística para alumnos de primaria e secundaria
Os Obradoiros Máis Alá! de lingua divertida que organiza a concellaría de Política Lingüística son talleres para crear un espazo lúdico e de aprendizaxe onde as nenas e os nenos reflexionen arredor da lingua galega e da súa situación. As sesións desenvólvense desde a perspectiva das dinámicas grupais e participativas, de xeito que son os rapaces os que protagonizan as actividades, baseadas na educación en valores e na diversidade cultural e lingüística como unha riqueza social.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Educación e Mocidade colaboran co Colectivo Danzón na organización dunha Festa do Baile
Os rapaces dos institutos composteláns terán a súa festa "high school" o día 11 no Instituto de Pontepedriña, mentres que a familia enteira poderá disfrutar dunha xornada onde se ensinarán diferentes estilos o día 12 no Campo de Conxo.
CULTURA
Música, poesía e a estrea dun documental para homenaxear a Manuel María
No primeiro aniversario do falecemento do poeta Manuel María, o Auditorio de Galicia acollerá un acto de homenaxe organizado pola AS-PG, a CIG-ensino, AELG e MNL no que haberá música, poesía e a estrea dun documental sobre a súa vida. Será o vindeiro sábado 8 de outubro, ás 20.00 horas.
PALACIO DE CONGRESOS
Os IV Encontros de Arquitectura serán un dos maiores foros presentes no Palacio de Congresos de Galicia neste ano
Santiago converterase durante tres días de outubro na capital internacional da arquitectura e a construción. Andar Quatro e o COAG organizan, por cuarta vez, os Encontros Internacionais de Arquitectura, un congreso de carácter bianual no que se dan cita profesionais de ambos sectores.
TURISMO
O aeroporto de Lavacolla chegará aos 1.800.000 viaxeiros este ano
O aumento do número de viaxeiros recibidos en setembro de 2005 –20% máis que no mesmo mes do Ano Santo- permite ao concelleiro de Turismo elevar a previsión final a 1.800.000 viaxeiros cando remate este ano.
CULTURA
A xente do teatro e os composteláns homenaxean a Roberto Vidal Bolaño
A concellaría de Cultura organiza unhas xornadas de homenaxe ao coñecido dramaturgo, director e intérprete artista finado no 2002, considerado como un dos pais do teatro profisional galego.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Trisca expón unha mostra sobre grafittis
A partir do venres, 7 de outubro, a ata o próximo día 20 do mesmo mes o centro sociocultural da Trisca acolle a mostra GRF.DIG. Graffiti na era dixital, realizada por The Chemical Orange, que exhibe 32 fotografías de graffitis realizadas nas rúas de Santiago de Compostela, A Coruña, Barcelona e Varsovia e amosa o proceso de creación deste tipo específico de graffitis.
CULTURA
Estevo Creus presenta "Areados" no Casino
Despois do "Berlín" de María Lado, da "Pornografía" de Lupe Gómez ou "Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen", de Bernardino Graña, chega unha nova entrega do ciclo "Poeta en Compostela" co libro de Estevo Creus.