CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais organizan unha viaxe a Chaves
O vindeiro 28 de maio, viaxeiros composteláns percorrerán os lugares máis emblemáticos da cidade portuguesa.
As cidades de congresos españolas
As cidades de congresos españolas asinan un convenio con Turespaña
O concelleiro de Turismo do concello de Santiago, Francisco Candela, asinará o vindeiro luns, na súa calidade de presidente do Spain Convention Bureau, un convenio de colaboración con Turespaña.
FESTAS
O Ascensión rock 2005 e Jorge Drexler pechan as festas da cidade
As festas da Ascensión chegan á súa recta final coa VII Festa para os Nosos Maiores e coa celebración do Día da Muiñeira o sábado 7. Ademais, o Ascensión Rock 2005 acollerá no Campus Universitario a seis grupos galegos e estatais. O domingo, Jorge Drexler será o encargado de poñer o broche final ás festas.
FESTAS
O festival de hip-hop, prato forte do Día da Ascensión
O disparo das bombas de palenque anunciaron o comezo das festas da Ascensión, unha celebración que desde sempre se caracterizou pola participación dos mozos e mozas composteláns. Por iso, os espectáculos están dirixidos especialmente aos máis novos, sen esquecer outros aspectos tradicionais como o concurso cabalar, a festa infantil, a festa para os maiores, os xogos populares ou o día da muiñeira, entre outros.
BANDA MUNICIPAL
Concerto da Banda Municipal compostelana en Grandola
A Banda interpretará varias obras nun concerto homenaxe ao famoso trovador moderno José Afonso.
Auditorio de Galicia
Frans Brüggen dirixe á Real Filharmonía de Galicia e ao violinista Thomas Zehetmair
O xoves 5 de maio ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do director Frans Brüggen, interpretará a obra de J. Ph. Rameau (1683-1764) "Naïs" e de Ludwig van Beethoven (1770-1827) "Concerto para violín en Re maior", op. 61. Como solista, estará o prestixioso violinista Thomas Zehetmair.
EDUCACIÓN
O IES Lamas de Abade, gañador do programa "Coñecer as cidades patrimonio" viaxa a San Cristóbal de La Laguna
Ata o 5 de maio, os rapaces de Lamas de Abade participarán nunha serie de actividades de coñecemento da cidade e de lecer, como premio ao seu traballo "Telelaguna".
Centros socioculturais
Actuación do grupo teatral das Aulas da Terceira Idade no CSC de Vite
O espectáculo inclúe varios contos de Hans Christian Andersen, así como unha pequena mostra de cancións infantís e xuvenís, tanto en lingua galega como en castelán, recuperadas polos alumnos das Aulas da Terceira Idade de Santiago de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Un programa de aprendices integrará a mozos que sufriron fracaso escolar
O concelleiro de Promoción económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, presentou un novo programa de inserción laboral e formación destinado a mozos de entre 16 e 25 anos. Este programa contempla a formación de novos nichos de mercado, como o de instalador de sistemas de enerxía solar térmica, e outros máis consolidados, como o de fontaneiro.