URBANISMO
Sánchez Bugallo: " Compostela é a cidade española cun crecemento máis moderado do prezo da vivenda"
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou o último informe do Ministerio de Vivenda sobre a evolución do prezo da vivenda nos municipios de máis de 25.000 habitantes. Segundo os datos, Compostela ocupa o número 226 do total de 282 municipios de España, mentres que hai oito anos o posto era o número 10 entre as cidades máis caras.
URBANISMO
Visto bo ás obras de urbanización do Sunp-4 das Cancelas
Solucionados os últimos flecos pendentes, a Xunta de Compensación do Sunp-4 (Camiño Francés-As Cancelas) reunirase o 29 de novembro para dar a conformidade ao proxecto definitivo de urbanización deste solo, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Deste xeito, as obras poderán comezar en xaneiro, aínda que xa no mes de decembro se emprenderá algunha actuación.
PUBLICACIÓNS
O desenvolvemento urbano de Compostela e o novo PXOM, temas centrais dun novo número da revista de información municipal
Os cidadáns están a recibir nas súas casas un novo número de "Santiago de Compostela", a revista de información municipal. No número de outono, a publicación contén un amplo informe sobre o crecemento urbano de Compostela nos últimos 10 anos, nos que se construíron de 10.000 novas vivendas.
TURISMO
Compostela presentou en Roma a Rede de Cidades Santas
O Palazzo Ferrajoli da capital italiana acolleu o pasado 15 de novembro o evento no que Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén deron a coñecer o proxecto "Holy Cities", que reúne os seus esforzos pola conservación do patrimonio, a mellora da vida dos seus habitantes e a promoción do turismo relixioso e cultural.
CONSORCIO
"Intramuros" sobrepasa a cifra dos 100.000 visitantes
A exposición "Intramuros" fora visitada ata o venres 17 de novembro por 100.250 persoas, o que supón un gran éxito de asistencia. Por esta razón, o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sanchez Bugallo, anunciou que se amplía o prazo de apertura da mostra ata o 28 de febreiro de 2007.
CASCO HISTÓRICO
O Concello de Santiago exporá en Arxentina e Uruguai o seu modelo de rehabilitación e xestión do Casco Histórico
A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, viaxará a Santa Fé (Arxentina) e Colonia (Uruguai) para tomar parte nun encontro con diversas cidades de América Latina, no marco da iniciativa PAGUS-AL "Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sostible- América Latina", un proxecto pertencente ao programa URB-AL financiado pola Comisión Europea. O obxectivo deste programa de cooperación internacional é intercambiar boas prácticas cos socios latinoamericanos no eido da...
AEROPORTO
Plaza Cargo presenta en Santiago os voos directos a Zaragoza
A liña aérea enlazará os aeroportos das capitais aragonesa e galega cun voo diario a partir do 20 de novembro, segundo anunciaron representantes de Plaza Cargo e Turismo de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago e a USC colaborarán na realizacións dos programas de voluntariado social e "Ruptura de parella, non de familia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración polos que ambas institucións se comprometen a colaborar na realización de dous programas: o de voluntariado social, e que leva por nome "Ruptura de parella, non de familia".
EDUCACIÓN
Os ensinantes de música tradicional debaten como transmitir este patrimonio ás novas xeracións
O Auditorio de Galicia acolle o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega os días 18 e 19 de novembro. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG), este encontro é reunir aos docentes da música e baile tradicional para que debatan sobre a liña a seguir para que o este patrimonio sexa posto en valor e transmitido eficazmente ás novas xeracións.
EDUCACIÓN
Dous mil rapaces asistirán ao inicio do ciclo de Concertos Didácticos
O venres 17 iníciase o ciclo de Concertos Didácticos no Auditorio de Galicia. Para comezar, unha actuación de N’Cayman Percussion en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas. A audición está dedicada ás posibilidades técnicas e interpretativas dos instrumentos de percusión.