CULTURA
Implicate: noite de música e palabras solidarias
O Auditorio de Galicia acolle o domingo. 18 de decembro, a partir das 20.00 horas o espectáculo "Implícate: noite de música e palabra solidaria" coa que se pretende dar a coñecer o traballo de "Implicados/as no desenvolvemento" (IND) e fortalecer o vínculo do mundo da cultura galega coa solidariedade feita desde Galiza.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural do Castiñeiriño celebra un ano de vida
Dentro dos actos de celebración do primeiro aniversario do centro, haberá un encontro con Suso de Toro.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Actividades de educación intercultural para os máis pequenos
Organizadas polo Departamento de Emigración e Inmigración, póñense en marcha diversas actividades como contacontos, xogos cooperativos e danzas do mundo, en horario de mañá, desde o luns 19 de decembro ata o xoves 22.
EDUCACIÓN
Mamá Cabra na sede da Fundación Caixa Galicia
O venres 16 de decembro ás 18 horas actuará o grupo musical infantil Mamá Cabra que terá lugar na Sede da Fundación Caixa Galicia o venres 16 de decembro ás 18 horas.
FUNDACIÓN GRANELL
A Fundación Granell acolle un espectáculo sobre o Quixote
O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Para o Desenvolvemento Sen Fronteiras porá en escea textos de Miguel de Cervantes, Miguel de Unamuno e Rubén Darío o mércores 14 ás 17.30 horas no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell.
CULTURA
Eduardo Estévez presenta os seus "Itinerarios"
Dentro do ciclo "Poeta en Compostela", organizado pola Concellaría de Cultura e "El Correo Gallego", o escritor Eduardo Estévez presenta esta antoloxía, na que participaron poetas coma Antía Otero, Marta Dacosta, Estevo Creus, Celso Fernández Sanmartín, Baldo Ramos, María Lado, María do Cebreiro e Rafa Villar.
REAL FILHARMONÍA
Manuel Valdivieso dirixe á Real Filharmonía nun concerto de sons sudamericanos
O xoves 15 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Manuel Valdivieso, interpretará un concerto con aires sudamericanos, no que se escoitarán as obras de Darius Milhaud, Saudades do Brasil (Suite); e de Astor Piazzola, Concerto para bandoneón "Aconcagua" e Tangos.
CULTURA
O Festival de Zarzuela chega á súa quinta edición
Dar a coñecer os diferentes estilos musicais e ofrecer altenativas culturais nun tempo propicio para o ocio, como é o Nadal, é o que se pretende dende a concellería de Cultura coa quinta edición do Festival de Zarzuela. Todos aqueles que se acheguen ata o Teatro Principal do 20 de decembro de 2005 ao 4 de xaneiro de 2006 para disfrutar dos diferentes concertos programados, non só poderán escoitar Zarzuela, senón que terán a oportunidade de achegarse á música mexicana, arxentina, ou mesmo á opera barroca.
BENESTAR SOCIAL
Un mercadiño solidario expón na Praza de Abastos produtos realizados por discapacitados
Promovido polas asociacións do Consello Municipal de Servizos Sociais.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Chega O Labirinto dos soños, espectáculo audiovisual para os máis pequenos
O luns 12 de decembro deu comezo este programa que ao longo de toda a semana permitirá a 2.256 alumnos de 24 centros escolares de primaria de Santiago e comarca achegarse a unha divertida proposta audiovisual-musical.