TURISMO
Compostela acolle unha feira internacional de produtos turísticos relacionados coa cultura
O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acolle "Cultour", unha feira de mostras profesional sobre produtos relacionados con turismo cultural. Os días 25 e 26 de xaneiro daranse cita na cidade empresas e tour operadores dos cinco continentes, que ofrecerán as súas variadas propostas de estancias, viaxes e eventos.
BENESTAR SOCIAL
A Comisión especial de vivenda estudia as solicitudes de vivendas de promoción pública
A Comisión especial de vivenda do Concello manterá unha nova xuntanza o 30 de xaneiro, unha vez revisados os expedientes da lista provisoria dos cen posibles adxudicatarios doutras tantas vivendas de promoción pública, tanto en réxime de aluguer como en réxime de propiedade.
Nesa data o Comisión podería dar por definitivo o listado que, con carácter provisorio, pasaría a exposición pública durante o prazo dun mes para presentación de alegacións e/ou reclamacións.
Auditorio de Galicia
A violinista Saeka Matsuyana ofrece un concerto no Auditorio de Galicia
O luns 23 de xaneiro ás 21.00 horas o Auditorio de Galicia acollerá un concerto para violín de Sibelius da violinista Saeka Matsuyana que estará acompañada de Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia.
UMAD
Compostela acolle o Encontro Transnacional do Programa Habilitas
Ata o domingo 22 de xaneiro, a UMAD (Unidade Municipal de Atención ao Drododependente) organiza en Compostela o Encontro Transnacional das entidades que desenvolven o "Proxecto Habilitas" incluído no programa europeo "Grundtvig-2" que ten como finalidade a educación de persoas con risco de exclusión.
ALCALDÍA
O Presidente da Xunta e o Presidente da Fegamp asinan o Pacto Local
O Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
Xosé Crespo Iglesias, asinaron o Pacto Local que permitirá unha maior autonomía dos concellos e a racionalización dos seus custos. O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, asistiou ao acto de sinatura do Pacto Local
TURISMO
Santiago participará na creación da rede de Cidades do Camiño francés
Turismo de Santiago estará presente nun dos máis importantes certames internacionais do sector turístico, an Feira Internacional de Turismo FITUR, que se desenvolve entre o 25 e o 29 de xaneiro en Madrid. Entre outras actividades, no marco de Fitur terá lugar a constitución da rede de cidades do Camiño francés.
INFRAESTRUTURAS
Comeza a construción da autovía a Brión
Prevese que as obras estean acabadas en abril de 2008. O trazado terá 12,5 quilómetros, xunto a tres quilómetros máis de enlace entre a localidade de Pardiñas e As Galanas.
A Real Filharmonía apoia cun concerto a Proxecto Home
A Real Filharmonía de Galicia
ofrece o venres 20 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, un concerto para apoiar a Proxecto Home.
AUDITORIO DE GALICIA
Gran actuación da Orchestra of the Age of Enlightenment e a Cappella de Amsterdam
O prestixioso dirrector Gustav Leonhardt dirixirá o concerto The Age of the Enlightenment o mércores 18 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Galicia.
O programa, dedicado integramente ao compositor H. Purcell (1659–1695), permitiranos escoitar a Oda para o aniversario da Raiña Mary e Odas para o día de Santa Cecilia, baixo a dirección do mestre Gustav Leonhardt .
EDUCACIÓN
Chega a Compostela a exposición itinerante "As Portas do Milenio"
"As Portas do Milenio" é o título da exposición itinerante que chega a Compostela para dar a coñecer os obxectivos establecidos pola ONU para este milenio. A mostra poderá visitarse nas instalacións do centro comercial Área Central dende o mércores 25 de xaneiro ata o sábado 18 de febreiro gracias á colaboración de Cruz Vermella, Unicef, o Centro Comercial de Área Central e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello.