POLICÍA LOCAL
A Policía Local celebrará súa festividade, o Anxo da Garda
O sábado 4 de marzo a Policía Local celebrará o seu patrón, o Santo Ánxo da Garda. Con tal motivo farase entrega da Medalla do Corpo da Policía Local coa que se recoñece o traballo aos membros do corpo que destacaron polo súa exemplar conduta durante a súa vida profesional.
MULLER
O Concello de Santiago extenderá os actos de celebración do Día Internacional da Muller ao longo de todo o mes de mazo
O mércores 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Con tal motivo ao longo do mes de marzo a concellería da Muller do Concello de Santiago ten previsto a realización de distintas actividades de carácter lúdico.
ALCALDÍA
O embaixador de Portugal en España visita Compostela
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao embaixador de Portugal en España, José Filipe Morais Cabral, quen realiza unha visita institucional a Galicia. O embaixador acudiu acompañado pola cónsul xeral de Portugal en Vigo, María Regina Flor y Almeida.
ORZAMENTOS
O BOP publica os orzamentos do Concello do ano 2006
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o mércores 22 de febrero, a aprobación definitiva do orzamento xeral e cadro de persoal do Concello de Santiago de Compostela para o ano 2006.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
O Concello terá maior protagonismo nas actuacións de recuperación do Casco Histórico
Mellorar as actuacións de recuperación do Casco Histórico é o principal obxectivo do protocolo de colaboración asinado polo o alcalde de Santiago e Presidente do Consorcio, X. Sánchez Bugallo, e o xerente deste último órgano, X.M. Villanueva Prieto.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
A concelleira de Emigración e Inmigración viaxa a Montevideo
Nas súas primeiras xornada de actividade institucional en Montevideo, Teresa Regúlez visitou a residencia de anciáns Fogar Español, e mantivo unha reunión con autoridades do Patronato da Cultura Galega.
AUDITORIO DE GALICIA
Juanjo Mena ao fronte da Real Filharmonía de Galicia no concerto do xoves, 23 de febreiro
Juanjo Mena dirixe á Real Filharmonía de Galicia
e ao pianista Christopher Hinterhuber no concerto do xoves, 23 de febreiro. O concerto comezará ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia
ALCALDÍA
A nova estación intermodal de Renfe perfila o seu proxecto
O proxecto da futura Ordenación Funcional da Estación de Ferrocarril de Santiago de Compostela contempla a entrada do AVE na capital de Galicia, a incorporación da Estación de Autobuses, a nova Estación Intermodal, o intercambiador de transportes, e zona e aparcamentos con capacidade para 2.000 prazas, así como a ordenación doutros usos que permitan axudar a financiar o proxecto.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Fest@ctiva, unha alternativa de ocio para o xóvenes de Compostela.
Os mozos e mozas de Compostela poderán disfrutar dun programa de ocio alternativo, Fest@ctiva 2006, durante os xoves e venres do 9 ao 17 de marzo e o venres 24 de marzo.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
O casco histórico de Santiago, referente para a rehabilitación do concello de Ferrol
A concellería de Urbanismo do Concello de Ferrol vén de elaborar unha ordeanza reguladora do Rexistro Municipal de Solares e Edificios a Rehabilitar a través da que o Concello pode obrigar a edificar en fincas baleiras, rehabilitar inmobles ou concluír obras non finalizadas.