ALCALDÍA
O Concello celebra a Xornada de portas abertas
O venres 20 de abril o Concello de Santiago abre as súas portas ás asociacións, colexios, cidadáns ou turistas que desexen coñecer un pouco máis de preto a sede da institución. Ademais da celebración dun pleno infantil no que participará alumnado de numerosos colexios composteláns, este ano o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, exercerá de anfitrión daqueles visitantes que queiran coñecer o Concello da súa man. Todas as persoas ou organizacións que desexen participar na xornada...
EDUCACIÓN
Música e pintura únense nunha nova proposta da Escola Municipal de Música
"Escoita o que pintas: as aventuras de Pedro e o Lobo" é o título da nova proposta didáctica e musical que presentan a Escola Municipal de Música e a concellaría de Educación e Mocidade. Grazas á mesma, alumnos de infantil e de primaria poderán interactuar coas artes da música e da pintura.
EDUCACIÓN
"O son das cousas": unha obra de teatro grande para xente pequena
Alumnos de 3, 4 e 5 anos asistirán os días 24 e 25 de abril a unha singular proposta teatral: "O son das cousas". Esta representación de Sapristi Teatro transita nun xogo escénico construído a partir de pequenas situacións arredor dos sons da vida. Non hai texto falado, falan os sons.
CULTURA
A banda deseñada será a protagonista das II Xornadas da Francofonía
A Facultade de Filosofía e a Aula de Cultura de Caixa Galicia acollen as II Xornadas da Francofonía do 23 ao 26 de abril, este ano dedicadas á banda deseñada. A Concellería de Cultura colabora con este evento, organizado pola Facultade de Filoloxía, polo Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago, pola Alianza Francesa, pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia e pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao novo responsable da residencia militar "Teniente General Barroso"
Dende principios do mes de marzo, a residencia militar de acción social de estudantes "Teniente General Barroso" conta cun novo responsable, o coronel Manuel García Vilamea. O alcalde compostelán recibiuno en Raxoi e amosou a dispoñibilidade municipal para seguir colaborando con este complexo.
UMAD
O xuíz de menores Emilio Calatayud dará unha charla a mozas e mozos composteláns
Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, coñecido polas súas sentenzas educativas, estará en Santiago de Compostela o venres 20 de abril. Ás 10:15 horas será recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi, e a continuación, entre as 11:00 e as 12:30 horas, ofrecerá na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde) unha charla sobre os dereitos e deberes dos novos no ámbito da Lei do Menor.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Homenaxe aos presidentes da asociacións de veciños "Raigame" e "Ponte Sionlla"
Xaquín Mato Castro, presidente da asociación "Raigame" do Ensanche, e María Cruz Vázquez Veiga, máxima responsable da asociación "Ponte Sionlla" de Enfesta, serán homenaxeados polo Concello de Santiago, nunha cea presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o venres 20, ás 21:30 horas, no restaurante Castro (lugar de Formarís).
ALCALDÍA
A Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias reúnese en Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no XVIII Congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias (SEMES). Celébrase do 19 ao 21 de abril en Santiago e no Barbanza.