DEPORTES
Revisión de tarifas en Sar e Santa Isabel para 2007
A Xunta de Goberno local aprobou as novas tarifas para os servizos prestados nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo de Santa Isabel. Deste xeito o abono familiar queda fixado en 36 euros mensuais, mentres que o individual pasa a 29 euros. A matrícula ten un prezo de 37 euros no caso das familias e de 33 euros para o resto.
EDUCACIÓN
A nova Escola Oficial de Idiomas podería ubicarse en Conxo
O Concello de Santiago e a Consellería de Educación están a estudar a demanda dos responsables da Escola Oficial de Idiomas, situada en Vite, que reclaman un novo centro con maior capacidade e servicios. A nova Escola podería situarse en Conxo.
PARQUES E XARDÍNS
O Parque da Constitución conxugará lecer e deporte
A Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 58.286 euros para as obras de acondicionamento no Parque da Constitución. A súa fin é preparar este espazo para a dotación de novos elementos deportivos e de xogo, que terán un custo de 150.000 euros.
CONSUMO
A cidade únese ao Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias con varias charlas-coloquio
A concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, presentou os actos organizados con motivo do Día Internacional das Persoas Consumidoras e Usuarias, que se celebra o 15 de marzo. O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá tres charlas-coloquio sobre diversos temas relacionados co consumo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Adxudicadas as asistencias técnicas para a elaboración dun mapa industrial e doutro de perfís profesionais
O Goberno local adxudicou dúas asistencias técnicas para elaborar un mapa industrial e a outro de perfís profesionais. A firma Gabinete de Estudios Expertas realizará o "Estudo sobre o sector industrial, os procesos de produción e o uso das TICs por parte das empresas do Polígono do Tambre: Elaboración dun Mapa Industrial", e a Fundación para la Formación Técnica en Máquina Herramienta levará a cabo o "Estudo sobre as necesidades formativas específicas por parte das empresas do...
INFRAESTRUTURAS
Máis de 245.000 euros para a reforma da Rúa Monte Pío
O Goberno local aprobou o proxecto de reforma da Rúa Monte Pío, presentado pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Xunta de Galicia. Esta actuación vai supor un investimento de 292.961 euros e afectará a un trazado de 193,405 metros de lonxitude.
MULLER
Compostela celebrará o Día Internacional da Muller con diversos actos conmemorativos
O Concello organizou unha serie de actos con motivo da celebración, o xoves 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. O calendario de actos, que suporá un investimento de 4.941 euros, comezará nesa mesma xornada coa entrega do Premio Xohana Torres 2006, nun acto que se celebrará ás 20:30 horas en Raxoi.
DEPORTES
O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial
En materia de Deportes, o Goberno local acordou tamén o inicio do expediente de contratación das obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas, cun orzamento de 390.653 euros. O céspede actual, colocado hai 9 anos e lastrado con area, será subsituído por un novo, de última xeración, con lastrado mixto de area e caucho.
MERCADOS
Aprobado o orzamento municipal para a remodelación do Mercado de Abastos
A Xunta de Goberno local aprobou o orzamento que o Concello de Santiago destinará ao proxecto de remodelación do Mercado de Abastos. A achega económica é de 1.286.285 euros. Esta cifra representa o 25% dos 5.145.143 euros que custa a obra.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en setembro o XI Congreso Nacional de Psiquiatría
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación Galega de Psiquiatría, Mario Páramo. Este informouno sobre as actividades previstas con motivo da celebración na cidade do XI Congreso Nacional de Psiquiatría, do 24 ao 29 de setembro.