VIVENDA
Emuvissa adxudica as obras do SUP-7 de Pontepedriña e o último bloque de vivendas do SUNP-1 de Meixonfrío
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá no Pazo de Raxoi o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), no que se adxudicaron o concurso para a execución das obras do SUP-7 de Pontepedriña e as vivendas que restaban por construír no SUNP-1 de Meixonfrío.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Setenta e oito comercios ofrecerán os seus saldos en "Outlet Compostela"
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou a primeira feira de saldos que se celebrará en Santiago, incluída no programa de dinamización comercial "Marzo, mes do Comercio". En "Outlet Compostela", que terá lugar o fin de semana do 17 e 18 de marzo no recinto feiral de Amio, participan 80 stands pertencentes a 78 comercios. Todos os cidadáns que queiran asistir dispoñen de autobuses gratuitos que sairán cada hora desde a Praza de Galicia coincidindo cos horarios de...
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Teresa Regúlez reúnese coa comunidade compostelá en Caracas
A concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, mantivo un encontro cos santiagueses residentes en Caracas na sede da Fundación Ramón Rubial Españoles en el Mundo de Venezuela. Con eles falou sobre as accións en materia de emigración e tratar de encamiñar ou dar reposta ás súas necesidades.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis excursións e de máis días para os veciños
A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou o programa anual de excursións. Este ano, os veciños poderán acceder a máis viaxes e de máis duración, cunha ampla oferta de destinos, aberta a todas as idades e cun prezo asequible.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina 550.000 euros ao Plano de Competitividade Turística para 2007
O Goberno local aprobou a sinatura dun convenio entre o Concello e a empresa municipal INCOLSA-Turismo de Santiago, polo que esta última asume a execución das accións do Plano de Competitividade Turística para este ano 2007. O orzamento para esta iniciativa será de 550.000 euros.
EDUCACIÓN E CULTURA
Trompicallo achega os títeres aos máis pequenos con "Nadarín"
Uns 400 rapaces de 3 a 7 anos de 11 centros educativos participarán nas dúas sesións da obra de títeres "Nadarín", que se celebrará o martes 13 no Teatro Principal. O grupo Trompicallo encárgase desta proposta, que se achega aos máis pequenos cunha linguaxe puramente visual e musical a través de títeres planos que se moven cunha variña.
CURTOCIRCUITO
Comeza Compostela Plató
Ábrese o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar en Compostela Plató, dentro da sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto.