REHABILITACIÓN
O Concello e La Caixa asinan un convenio de colaboración para o financiamento da rehabilitación de inmobles
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado xeral-apoderado de "La Caixa", Jesús Ángel de la Pedraja Cañas, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento da rehabilitación de vivendas situadas nas Áreas de Rehabilitación Integral.
CULTURA
A Fundación Granell seguirá difundindo a cultura surrealista na súa nova tempada
O alcalde e presidente do Padroado da Fundación Granell, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou a programación da entidade para o ano 2007. Nesta nova tempada, as actividades teñen o obxectivo de afondar en varias frontes de investigación e liñas de intervención abertas na Fundación.
MEDIO AMBIENTE
O Concello uniuse ao "apagón" polo cambio climático
O Concello de Santiago de Compostela sumouse á iniciativa do "apagón" lanzada dende Francia polas 72 organizacións ecoloxistas da Alianza polo Planeta. Xa que logo, a tarde do xoves 1, entre as 19:55 e as 20:00 h., apagouse o alumeado da améndoa histórica compostelá para chamar a atención sobre a urxencia de facer fronte ao cambio climático.
TURISMO
A Santiago de Compostela Film Commmission asiste ao máis prestixioso mercado internacional de curtametraxes
A Santiago de Compostela Film Commission estará presente ata o 2 de febreiro no Mercado Internacional da Curtametraxe de Clermont Ferrand, que se celebra nesta cidade francesa no marco do prestixioso festival de cinema do mesmo nome.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela vincúlase a REDEL, unha rede de vangarda no desenvolvemento local
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asistiu en Bilbao ao encontro de entidades locais para a constitución de REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. Na reunión concretáronse os estatutos de REDEL, que agora deben recibir o visto bo das entidades integrantes da rede. Tamén se definiron los logotipos da Asociación, o dominio en internet e estudouse o plan de actuación para o ano 2007.
PREMIOS
Isidro Novo, Javier Cercas e Abraham B. Yehoshúa recibiron os premios San Clemente
O Instituto Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios literarios "Arcebispo Juan de San Clemente". Nesta duodécima edición os premiados foron Isidro Novo, pola súa obra "Un escuro rumor", na categoría de novela galega; Javier Cercas, por "La velocidad de la luz", en novela castelá; e Abraham Yehoshúa, por "La novia liberada", en novela estranxeira. Antes do acto, os premiados foron recibidos polo alcalde en Raxoi.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
O Consello de Migracións celebrou a súa sesión constitutiva
O Salón de Plenos foi escenario da constitución definitiva do Consello de Migracións, integrado polas diferentes representacións dos emigrantes e inmigrantes de Santiago. Este órgano pretende atender mellor as problemáticas específicas deste colectivo, facéndoo partícipe da vida municipal.
MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Medio Ambiente e Centros Socioculturais dan continuidade á súa campaña conxunta de educación ambiental
Á vista do éxito do programa de educación ambiental posto en marcha o pasado Nadal, as concellarías de Centros Socioculturais e Medio Ambiente decidiron dar continuidade a esta iniciativa. Deste xeito, dende febreiro e ata xuño, os centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche volverán a acoller unha serie de obradoiros co fin de concienciar aos máis novos sobre a conservación do medio.
TURISMO
Santiago participa na Asemblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio, que asinará un convenio con RENFE
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudirá o venres 2 de febreiro á Asemblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), que terá lugar ás 11:00 h. na sede da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), en Madrid.