CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os estudantes composteláns regalaron máis de 9.500 horas solidarias
A participación en Compostela na IV Olimpiada Solidaria de Estudo deixou un balance de 680 participantes e 9.540 horas de estudo, sumando a achega dos centros socioculturais e da Universidade de Santiago. Estas horas solidarias converteranse en euros destinados a proxectos de axuda ao desenvolvemento.
EDUCACIÓN
Un novo curso formara ao profesorado sobre cine documental e historia de España
"A historia que vivimos" é o título dun curso de formación que combina proxeccións cinematográficas con diversas charlas, dirixidas ao profesorado. O obxectivo da iniciativa é formar aos docentes sobre cine documental e historia de España.
DEPORTES
A Volta Ciclista da Ascensión recupera o seu formato tradicional
A Fundación Compostela Deporte presentou a Volta Ciclista da Ascensión 2007, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de maio. Esta proba, que conta cunha traxectoria de quince edicións, non se celebra desde 1991.
FESTAS
Mofa e Befa abrirán ás festas de Entroido de Compostela
O sábado 17 de febreiro comezan as festas de Entroido de 2007. A música, a diversión e a boa comida están aseguradas nestes cinco días de festas, tal e como asegurou na presentación do programa carnavaleiro o concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro.