AEROPORTO
Plaza Cargo presenta en Santiago os voos directos a Zaragoza
A liña aérea enlazará os aeroportos das capitais aragonesa e galega cun voo diario a partir do 20 de novembro, segundo anunciaron representantes de Plaza Cargo e Turismo de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago e a USC colaborarán na realizacións dos programas de voluntariado social e "Ruptura de parella, non de familia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron dous convenios de colaboración polos que ambas institucións se comprometen a colaborar na realización de dous programas: o de voluntariado social, e que leva por nome "Ruptura de parella, non de familia".
EDUCACIÓN
Os ensinantes de música tradicional debaten como transmitir este patrimonio ás novas xeracións
O Auditorio de Galicia acolle o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega os días 18 e 19 de novembro. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG), este encontro é reunir aos docentes da música e baile tradicional para que debatan sobre a liña a seguir para que o este patrimonio sexa posto en valor e transmitido eficazmente ás novas xeracións.
EDUCACIÓN
Dous mil rapaces asistirán ao inicio do ciclo de Concertos Didácticos
O venres 17 iníciase o ciclo de Concertos Didácticos no Auditorio de Galicia. Para comezar, unha actuación de N’Cayman Percussion en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas. A audición está dedicada ás posibilidades técnicas e interpretativas dos instrumentos de percusión.
DEPORTES
Santiago acolle o II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte
Afondar no futuro da xestión deportiva dende a base é o obxectivo do encontro que reúne en Compostelán a xestores deportivos de toda España do 16 ao 18 de novembro. O Palacio de Congresos e Exposicións é o escenario deste II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte, que foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Un estudo permitirá adaptar o desenvolvemento urbanístico do Polígono do Tambre ao novo PXOM
Un estudo a realizar pola Concellería de Promoción Económica permitirá adaptar o Plan Parcial Urbanístico do Polígono do Tambre ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Será posible grazas ao convenio asinado por este departamento coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico.