CULTURA
Zarzuela en torno ao Quixote con Felipe Bou e Keneddy Moretti
O V Festival de Zarzuela continúa co baixo Felipe Bou e o pianista Kennedy Moretti, en torno á figura de Don Quixote, a piques de rematar o cuarto centenario da novela cervantina, con pezas de Ravel, Ibert, Massenet, Verdi, Gomes, Vives e Sorozábal. O concerto terá lugar o día 27 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal.
CULTURA
Venda e renovación de abonos para a nova tempada do Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para o segundo e terceiro trimestre da tempada 2005-2006.
FESTAS
A festa de Noitevella será na Praza Roxa
A partir das 12 da noite do 31 de decembro, a orquestra Máster amenizará a tradicional festa de Noitevella, que este ano se traslada da praza de Praterías á praza Roxa.
ALCALDÍA
Recepción cidadá na Casa do Concello
O 23 de decembro,a Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, á que estaban convidadas arredor de setecentas persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.
TRÁFICO E URBANISMO
Fomento prevé actuacións en O Eixo e na rotonda de Conxo
A construcción de dous novos pasos peonís aumentará a seguridade vial nun punto tan conflictivo como O Eixo. Este proxecto foi licitado polo Ministerio de Fomento xunto co proxecto para a transformación de glorieta de Conxo, no vial de Antonio Fraguas, para permitir un acceso máis doado aos novos polígonos de vivendas de Volta de Castro
e ao Hospital Provincial.