EDUCACIÓN
As cinco escolas infantís municipais estarán en funcionamento no curso 2008-2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apuntou que para o curso 2008-2009 estarán en funcionamento as cinco escolas infantís municipais. Ás de Fontiñas e Conxo, engadirase en breve a de San Roque e, posteriormente, a do Polígono do Tambre e a de Tras Parlamento.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle unha nova edición da feira máis relevante do norte de España dos sectores da perruquería e da estética
Os días 29 e 30 de setembro, o Recinto Feiral de Amio acollerá unha nova edición de Expolook, a IV Feira Internacional de Perruquería e Estética. Este evento tense convertido xa na cita máis relevante do sector no norte de España, avalada polo éxito de expositores e visitantes nas anteriores convocatorias.
DEPORTES
O campión do Open Galego de Descenso en Mountain Bike decidirase en Santiago
O Monte Pedroso acollerá o domingo 23 de setembro o I Gran Premio Santiago DH, última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike, que definirá ao campión desta competición nas distintas categorías. O clube compostelán conta, na organización deste gran premio, coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Unha exposición para buscar a integración social e laboral dos enfermos mentais
A Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais Fonte da Virxe expón na Fundación Granell a obra realizada no seu centro de rehabilitación. Coa mostra danse a coñecer os traballos realizados polos enfermos mentais e quérese chamar a atención á cidadanía sobre este colectivo e as dificultades para a súa integración social e laboral.
ALCALDÍA
Pintura e cerámica únense en clave surrealista
A Fundación Granell acollerá ata o 19 de novembro a exposición "Canto de paxaros", dos holandeses Elizé Bleys y Rik Lina. O alcalde compostelán inaugurou a mostra, que establece un diálogo entre a cerámica da primeira e a obra pictórica do segundo.
TURISMO
Os responsables turísticos do Camiño de Komanu visitarán Compostela en outubro
Tras un traballo conxunto de 3 anos, as rutas de peregrinación de Santiago e de Komanu emprenderán a súa promoción conxunta en Europa e Xapón. A asistencia á feira JATA de Tokio e as xuntanzas cos responsables turísticos da cidade de Tanabe e do Camiño de Komanu permitiron á delegación de Turismo de Santiago consolidar a imaxe turística de Compostela en Xapón.
EDUCACIÓN
A nova edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio" unirá a alumnos de secundaria de Santiago e de Ávila
Un curso máis, ponse en marcha o programa "Coñecer as cidades patrimonio". Nesta ocasión, a iniciativa permitirá o intercambio de experiencias e coñecemento entre Santiago e Ávila, segundo anunciou a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
BENESTAR SOCIAL
A normalidade e a superación activa da diabete, reivindicadas a través do Camiño
Un grupo de 12 peregrinos da Asociación de Diabéticos de Puerto Real (Cádiz) fixeron o Camiño de Santiago dende Ponferrada (León) para reivindicar a normalidade da súa enfermidade e a súa superación a través do exercicio físico. Á súa chegada a Compostela foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O proxecto Equal permitiu crear 56 empresas na comarca e dar traballo a 120 persoas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago e presidente da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social, Xosé Manuel Iglesias, presidiu no Auditorio de Galicia a Asemblea Xeral da entidade, dentro do marco da iniciativa comunitaria Equal. Case dous anos despois do nacemento deste proxecto de fomento do autoemprego, a través do programa Equal Compostela Social, creáronse xa 56 empresas que dan traballo a 120 persoas, 59 mulleres e 61 homes; aos que hai que sumar outros 11 empregos creados para o...
ALCALDÍA
Os investigadores na comunicación demandarán en Santiago o desenvolvemento da súa disciplina como campo de estudo
Do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2008, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acollerá o Congreso I+C (Investigar a Comunicación). Será o encontro fundacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC).