MEDIO AMBIENTE
Os centros socioculturais do Ensanche e Fontiñas acollerán unhas xornadas de sensibilización co medio ambiente para os máis pequenos
As actividades programadas, destinadas a rapaces de entre 6 e 12 anos, desenvolveranse entre o 23 de decembro e o 13 de xaneiro. Entre elas salienta unha visita ao monte Pedroso co fin de sensibilizar ás nenas e nenos composteláns sobre a problemática dos incendios forestais.
CONSORCIO
A nova Biblioteca Infantil do Consorcio mergulla aos pequenos no atractivo monumental e fantástico de Santiago
Coeditados polo Consorcio e a editorial Sotelo Blanco, os primeiros contos para nenos están ilustrados por Andrés Meixide sobre textos de Xosé Antonio Perozo e X.A. Rivadulla Corcón.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta o seus plans para o 2007 á Asociación de Hostalería
A xuntanza dos responsable de Turismo de Santiago co cadro directivo da Asociación de Hostalería servirá á empresa municipal de turismo para adiantar ao sector os seus plans de traballo no 2007.
CONSORCIO
O Consello de Administración do Consorcio destina máis de 82 millóns de euros para novos programas durante os próximos catro anos
O Consello de Administración do Consorcio aprobou destinar máis de 82 millóns de euros para o desenvolvemento de novos programas para os próximos catro anos. Un esforzo que consolida o protagonismo do Consorcio como motor das políticas de protección patrimonial e dinamización turística cultural da capital de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde celebra 25 anos de diálogo no Parlamento
O mesmo día no que se cumprían vinte e cinco anos da constitución do Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo acudiu aos actos de conmemoración que se celebraron no Pazo do Hórreo e nos que participaron antigos mandatarios, presidentes da Cámara, deputados e autoridades de diferentes institucións.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Preto de 700 nenos percorreron as rúas compostelás en prol da solidariedade cos inmigrantes
No Día Internacional das Migracións, declarado como tal pola Asamblea das Nacións Unidas en decembro de 2000, nenos e nenas de 13 colexios composteláns percorreron varias rúas da capital de Galicia cunha pancarta sostida por rapaces de varias nacionalidades na que se podía ler "os inmigrantes veñen de moi lonxe, berra acólleos. Solidariedade".
TRANSPORTES
Apróbanse os orzamentos de TUSSA, superando por primeira vez o millón e medio de euros
Os orzamentos da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) para o 2007 veñen de ser aprobados co voto favorábel do PsdeG-PSOE e do BNG e a abstención do PP.
TRANSPORTE
Santiago renovará a flota de autobuses urbanos no 2007
No 2007, o Concello de Santiago renovará a flota do transporte urbano da cidade. Para amosar o proceso que se segue ata chegar ao vehículo definitivo, TUSSA e a empresa Castrosúa, que fabrica carrocerías para autobuses e autocares, presentaron hoxe na praza do Obradoiro un modelo do chasis que levarán os novos autobuses urbanos.
XUNTA DE GOBERNO
As festas de Nadal terán un orzamento de case 33.000 euros
A aprobación dos presupostos para as actividades que se desenvolverán durante as festas de Nadal foi un dos temas tratados na Xunta de Goberno local. En total serán 32.830 euros que se destinarán á programación de Fin de Ano e múltiples actuacións nas rúas de Santiago durante este mes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O servizo gratuíto de coidado de nenos funcionará durante o Nadal entre os días 22 e 30
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, ven de presentar a programación de Nadal da campaña Comercio compostelán para mercar e xogar, na que colaboran Compostela Monumental e Santiago Centro. Consiste nun servizo gratuito de coidado de nenas e nenos que funciona desde setembro, todos os sábados, no Pazo de Bendaña, en horario de once a duas da mañá e de cinco a oito da tarde. O último sábado utilizaron este servizo oito nenos, dous pola mañá, e catro pola tarde.