TRANSPORTES
O sistema de aluguer de bicicletas de uso público contará con sete estacións e facilitará ata 1.000 tarxetas de usuario
O Goberno local adxudicou o subministro de equipamento, instalación e xestión do sistema de aluguer de bicicletas de uso público, promovido pola Concellería de Transportes, por un importe de 147.382 euros. A empresa adxudicataria instalará sete estacións de aparcadoiro.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social solicita unha subvención de 930.000 euros para a execución de varios programas
O Goberno local acordou solicitar á Xunta de Galicia unha subvención de 930.229 euros para realizar diversos programas da Concellería de Benestar Social.
MEDIO AMBIENTE
Visto bo ao proxecto modificado do novo Centro de Interpretación Ambiental de Belvís
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto modificado de rehabilitación do secadoiro da antiga fábrica de curtidos de Belvís. Alí estará o novo Centro de Interpretación Ambiental.
ALCALDÍA
O Foro polo Civismo comeza a traballar en torno a catro eixes temáticos
Os grupos de traballo do Foro polo Civismo quedaron constituídos no Centro Sociocultural do Ensanche. Serán catro e traballarán en torno aos seguintes eixes temáticos: movida nocturna e convivencia, prácticas medioambientais, educación cívica e hábitos de consumo.
ALCALDÍA
Santiago acolle unha reunión da Comisión de Cultura da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
Na xornada previa á celebración do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA), representantes das cidades de Avilés, Vigo, Limoges, Nantes, Bordeaux, Gijón, Rennes, Lorient, Porto e Santiago reuniranse na Sala Circular do Auditorio de Galicia para decidir as temáticas que formarán parte dunha exposición itinerante que a CCAA vai organizar en colaboración co Museo de Europa.
MEDIO AMBIENTE E CULTURA
As concellarías de Cultura e de Medio Ambiente colaboran no proxecto "Auga en Etiopía"
A Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e a Concellaría de Cultura colaboran na iniciativa Auga en Etiopía, que se celebrará en Compostela nos meses de maio e xuño.
FEIRA
O mellor do pequeno comercio no Compostela Outlet
O recinto feiral de Amio acolle dos días 26 e 27 de abril "Compostela Outlet 2008". II Feira do comercio polo miudo que se celebrará o 26 e 27 de abril. Nesta segunda feira de saldos de Santiago participarán 107 establecementos comerciais pertencentes a 14 sectores distintos.
CULTURA
Chega a Compostela un dos mellores coros de pequenos cantores de Europa
Os nenos da Coral Saint Marc de Lyon (Francia), mundialmente coñecidos por ser os intérpretes da banda sonora do filme Os nenos do coro (Les choristes), chegan ao Auditorio de Galicia o sábado 24 de maio. Sobre o escenario estarán 30 rapaces, que amosarán porque compoñen un dos mellores coros de pequenos cantores de Europa e porque levan anos colleitando éxito tras éxito nos seus concertos.
FESTAS
As festas da Ascensión traen actividades para todos os gustos e públicos
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentouo programa das Festas da Ascensión 2008, con actividades dirixidas a toda clase de públicos e para todos os gustos. As actuacións celebraranse en distintos puntos da cidade, dende o Campus Sur e a Alameda ata as diferentes prazas da zona vella.
ALCALDÍA
Avanzan a bo ritmo os polígonos de vivendas do ámbito do Castiñeiriño
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou en rolda de prensa o "bo ritmo" ao que avanzan os polígonos de vivendas situados no ámbito do Castiñeiriño. En particular, referiuse ás obras nos polígonos 7 e 13, á inminente construción de edificios no 14 e á solicitude de licenzas para o 11 e o 12.