CULTURA
Chega a Compostela un dos mellores coros de pequenos cantores de Europa
Os nenos da Coral Saint Marc de Lyon (Francia), mundialmente coñecidos por ser os intérpretes da banda sonora do filme Os nenos do coro (Les choristes), chegan ao Auditorio de Galicia o sábado 24 de maio. Sobre o escenario estarán 30 rapaces, que amosarán porque compoñen un dos mellores coros de pequenos cantores de Europa e porque levan anos colleitando éxito tras éxito nos seus concertos.
FESTAS
As festas da Ascensión traen actividades para todos os gustos e públicos
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentouo programa das Festas da Ascensión 2008, con actividades dirixidas a toda clase de públicos e para todos os gustos. As actuacións celebraranse en distintos puntos da cidade, dende o Campus Sur e a Alameda ata as diferentes prazas da zona vella.
ALCALDÍA
Avanzan a bo ritmo os polígonos de vivendas do ámbito do Castiñeiriño
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou en rolda de prensa o "bo ritmo" ao que avanzan os polígonos de vivendas situados no ámbito do Castiñeiriño. En particular, referiuse ás obras nos polígonos 7 e 13, á inminente construción de edificios no 14 e á solicitude de licenzas para o 11 e o 12.
EDUCACIÓN
A Campaña de Animación á Lectura péchase cunha gran festa
O sabado, 26 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos, péchase unha nova edición da Campaña de Animación á Lectura, que este ano 2008 titulouse "O eco da memoria". A clausura chega en forma dunha festa, á que están convidados nenos, pais e educadores.
CONSORCIO
Nova edición do Compostela Organum Festival
Entre o 3 e o 17 de maio, a Catedral e as igrexas da Universidade e das Ánimas acollen un novo ciclo do Compostela Organum Festival. Esta é unha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso de Santiago e á revitalización dos órganos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Compostela.
ALCALDÍA
Reúnese a Comité de Dirección do PXOM para acordar o documento final que se remitirá a Política Territorial
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que na tarde don luns 28 se reunirá o Comité de Dirección do PXOM. Este órgano decidirá sobre o texto final que se presentará á Consellería de Política Territorial sobre a parte non aprobada do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
EMPREGO
Promoción Económica selecciona novos alumnos para os cursos do Plan FIP
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo o luns, 28 de abril, e o martes, 29 de abril, un novo proceso de selección de alumnos para os cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional). En total quedan 25 vacantes por cubrir: dez en cantería, oito en fontanería e sete en carpintería.
MERCADOS
Mercagalicia pecha o primeiro trimestre do ano cun beneficio de 18.000 euros
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia. A sociedade rexistrou no primeiro trimestre do ano un beneficio de 18.000 euros.
CULTURA
As entradas para o concerto de Conchita poderán recollerse no Teatro Principal
As entradas para o concerto de Conchita, que se celebra o martes 29 no Teatro Principal, poderán recollerse, de balde, o luns 28 na taquilla do mesmo Teatro. O horario para recollelas é de 12:30 a 14:00 e de 18:00 horas en diante, cun máximo de dúas entradas por persoa.
CULTURA
Proxección en Compostela do filme galego "Pradolongo"
A Concellaria de Cultura puxo o Teatro Principal a disposición dos produtores do filme Pradolongo e, polo tanto, poderase ver do 26 ao 28 de abril en sesións de 17:00, 20:00 e 23:00 horas. Esta será a única oportunidade para ver en Compostela este filme, non acollido polas salas comerciais.