ALCALDÍA
As tres novas superficies en marcha completarán en Santiago a área industrial máis grande de Galicia
Santiago contará coa área industrial máis grande de Galicia cando se rematen as tres novas superficies postas en marcha na Sionlla, en Formarís e na Costa Vella. Estas tres parcelas sumarán máis de 2 millóns de metros cadrados aos outros 2 millóns do actual Polígono do Tambre, para chegar aos máis de 4 millóns de metros cadrados. Esta será, en palabras do alcalde, a área industrial máis grande de Galicia.
ALCALDÍA
A autovía entre Sigüeiro e A Picaraña permitirá converter o periférico nunha vía urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo inicio da redacción do estudo informativo para a futura autovía que unirá Sigüeiro con A Picaraña (Padrón). Esta vía, libre de peaxe e duns 30 quilómetros de lonxitude, permitirá "liberar do paso pola cidade o tráfico pesado e os demais vehículos que circulan entre o norte e o sur de Galicia", indicou.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais oferta un programa de vinte excursións
O programa de excursións ofertados pola Rede de Centros Socioculturais para o 2008 componse de 20 excursións, 15 delas dun día e seis máis de varias xornadas. Confeccionado a partir das peticións dos propios usuarios, este calendario de viaxes estenderase de abril a decembro e está aberto a todas as idades.
MOCIDADE
Mocidade organiza as Xornadas e obradoiros de estratexia e rol
A Praza Roxa será o escenario onde se desenvolvan as Xornadas e obradoiros de estratexia e rol o sábado 29 de marzo, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Esta actividade é organizada pola Concellería de Mocidade e polo colectivo Zónula Catro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural do Ensanche celebra o seu primeiro ano cunha semana chea de actividades
Do 31 de marzo ao 5 de abril, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá a súa I Semana Social e Cultural. O evento servirá para celebrar o primeiro ano de vida deste complexo e contará con diversas actividades de música, teatro, arte ou gastronomía.
EDUCACIÓN
Máis de 800 rapaces participaron xa no Parque Infantil de Tráfico
Dende o 21 de febreiro e ata a data, 812 rapaces de 5º e 6º de Primaria participaron xa no Parque Infantil de Tráfico, que se ubica no Mercado Nacional de Amio. Esta actividade forma parte do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o Perigo?".
ALCALDÍA
A Biblioteca Ánxel Casal abre as súas portas con 60.000 volumes e novidosos sistemas tecnolóxicos
Compostela conta coa súa nova Biblioteca Pública Ánxel Casal, que pon a disposición dos usuarios 60.000 volumes e os máis avanzados sistemas tecnolóxicos, coma un servizo de empréstito mediante radiofrecuencia.
ALCALDÍA
O Concello acometerá a remodelación das rúas Home Santo e Betanzos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, mantiveron esta tarde unha reunión cos representantes da Asociación de Veciños "A Xuntanza", do barrio de San Pedro. Na mesma informáronlles das próximas actuacións que o Concello vai realizar neste ámbito, como as remodelacións das rúas Home Santo e Betanzos.