CULTURA
A cociña e a cultura, unidas no Fórum Gastronómico
Ademais das actividades propiamente gastronómicas, o Fórum Gastronómico terá un "aperitivo" en forma de programación cultural. Será do 4 ao 16 de febreiro cun ciclo de cinema, con teatro e con cabaré.
MULLER
Os escolares composteláns achegarán ideas para unha campaña sobre o reparto familiar das tarefas domésticas
Un concurso de ideas permitirá achegar contidos para unha campaña da Concellería de Benestar Social e Muller sobre a corresponsabilidade familiar na realización de tarefas domésticas. O Goberno local aprobou as bases deste concurso, dirixido ao alumnado do primeiro ciclo da ESO.
INFRAESTRUTURAS
A reurbanización da rúa Berlín farase coincidir coas obras de telecomunicacións no polígono 4 de Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou a ampliación en 75 días do prazo de execución das obras de reurbanización da rúa Berlín. Esta medida responde á solicitude da xunta de compensación do polígono 4 de Fontiñas, co obxecto de realizar obras de telecomunicacións neste ámbito.
URBANISMO
O Concello solicita dúas masas comúns en Sabugueira para uso veciñal
A Concellaría de Urbanismo solicitará á Consellería de Medio Rural a cesión de dúas masas comúns da concentración parcelaria no núcleo de San Paio, en Sabugueira-Carballal. O obxectivo é que no seu día poidan ser dotadas do equipamento necesario para celebrar romarías e festas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica prepara as novas edicións de Outlet Compostela e da Gala do Comercio
O Goberno local aprobou o orzamento para a contratación do servizo que organizará unha nova edición de Outlet Compostela, así como o inicio do programa da III Gala do Comercio "Compostela Capital de Compras".
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación recibiu a 30 alumnos alemáns
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, recibiu en Raxoi a un grupo de 30 alumnos e alumnas de 15 e 16 anos das cidades alemás de Hammelburg e de Bad Kissingen, situadas cerca de Würzburg, na Baixa Franconia. O nome dos institutos é Jakob-Kaiser-Realschule e Staatliche Realschule Bad Kissingen.
FESTAS
Medio cento de colectivos encherán as rúas de de música e cor no martes de Antroido
Chega o momento de saír á rúa cos grandes deseños de Antroido que moitos composteláns levan preparando durante meses. No gran desfile do martes de Antroido, 30 comparsas, oito carrozas e centos de disfraces (de grupo, parella e individuais) percorrerán a cidade cos seus bailes e cantigas durante toda a tarde do martes 5. Ademais de vivir a ledicia do Antroido, os participantes poderán gañar atractivos premios en metálico.