BENESTAR SOCIAL
Benestar Social prestará atención integral ás familias para evitar situacións de risco social
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha unha Unidade de Atención ás Familias. Sete profesionais darán así unha resposta integral e diferenciada aos problemas derivados nestes ámbitos, con especial atención á infancia e á adolescencia, xeradoras de máis situación de vulnerabilidade social ou crises.
TURISMO
Santiago e Xirona asinan un convenio de promoción turística
O Fórum Gastronómico Santiago’08 foi escenario da sinatura dun convenio de colaboración entre Turismo de Santiago de Compostela e o Padroado de Turismo Costa Brava-Xirona. Ambas cidades colaborarán na súa promoción turística por seren sedes alternativas da celebración anual deste evento gastronómico.
COMERCIO
Máis de 70 comercios preinscribíronse xa en Compostela Outlet 2008
Máis de 70 comercios formalizaron xa a preinscripción para participar en Compostela Outlet. II Feira do Comercio polo miudo. A feira de saldos, que se celebrará no recinto feiral de Amio, desenvólvea a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo co obxectivo de axudar aos estabelecementos de venda polo miudo a liberar as existencias de temporada.
DEPORTES
O informe de xestión dos complexos deportivos municipais deixa un balance positivo
A empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE), responsable do Complexo Deportivo de Santa Isabel e do Multiusos do Sar, presentou o informe da xestión do 2007 e o orzamento previsto para 2008. O documento foi presentado durante o consello de administración presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TURISMO
Premio para os produtos máis innovadores no Fórum Gastronómico
Unha vintena de produtos gastronómicos competiron por ser o máis vangardista nos Premios InnoFórum, que se entregaron nunha nova xornada do Fórum Gastronómico. O viño foi protagonista na segunda entrega do congreso profesional, na que expertos enólogos o maridaron con ostras, queixo ou chocolate.