EDUCACIÓN E MOCIDADE
Uns 1.000 alumnos de secundaria participarán no programa "Sexibilízate"
Escolares de 2º, 3º e 4º da ESO están a participar no programa de educación afectivo-sexual "Sexibilízate". O seu obxectivo: instaurar estes contidos dun xeito integral no sistema educativo, complementando o labor do profesorado a través de persoal especializado nesta materia.
MOCIDADE
Os grupos dos Locais Municipais de Música presentan o seu "book"
A Concellería de Mocidade fixo posible que os grupos dos Locais Municipais de Música dispoñan do seu propio "book". Facilítase así o coñecemento destas formacións e dos propios locais, unha alternativa para os ensaios dos que comezan no mundo da música. Ademais, o venres 15 de febreiro, catro destes grupos darán un concerto de presentación na Sala Capitol.
TURISMO
Arrinca o Fórum Gastronómico Santiago'08 cun programa para todos os gustos
Catas, degustacións, obradoiros de cociña ou o primeiro Concurso de Pulpeiras son algunhas das iniciativas que o Fórum Gastronómico Santiago ’08 ofrece. Durante cinco días o evento reunirá un total de 62 relatores procedentes de todo o Arco Atlántico, que participarán en máis de 65 sesións de cociña en directo e conferencias.
ALCALDÍA
O Museo do Pobo Galego será galardoado coa máis alta distinción municipal
A Igrexa de San Domingos de Bonaval será o escenario onde o presidente do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, recollerá a Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Cultural coa que o Concello de Santiago, a proposta do alcalde compostelán, decidiu distinguir a esta institución. O acto, que terá lugar o venres 15 a partir das 19.30 horas, estará presidido polo ministro de Cultura, César Antonio Molina.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Os representantes veciñais recibiron cumprida información dos plans urbanísticos especiais
O Salón Verde do Concello acolleu unha nova sesión ordinaria do Consello de Relacións Veciñais. Na mesma, explicouse o estado actual dos plans especiais de urbanismo que se están a desenvolver na cidade. A sesión estivo presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O alcalde define cos veciños das Cancelas o futuro do barrio
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi coa xunta directiva da Asociación Veciñal As Cancelas. Durante a xuntanza tratáronse temas como a construción no barrio dun local social, dunha pista deportiva e dunha área recreativa con miradoiro. Todos estes asuntos xa figuraban nas previsións do Concello, que só está pendente de decidir a ubicación destes equipamentos.