TRANSPORTES
Actualización de prezos nos aparcadoiros públicos e no mercado de Amio
Os prezos dos aparcadoiros públicos actualízanse de acordo ao incremento do Índice de Prezos ao Consumo (4,20%). O cambio de tarifas afecta aos estacionamentos de San Clemente, Hórreo, San Caetano, Praza de Vigo, Praza de Galicia, Romero Donallo, Ponte Castro-A Rosa e Praza Roxa.
CONSORCIO
A Facultade de Xeografía e Historia xa ten o documento base para estudar a súa rehabilitación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregoulle á decana da Facultade de Xeografía e Historia, María del Mar Linares, o estudo realizado polos arquitectos da Aula de Rehabilitación do Consorcio que servirá de base para elaborar un Plan Director do edificio.
BENESTAR SOCIAL
Un equipo de inclusión sociolaboral atenderá a persoas con dificultades de acceso ao mercado de traballo
A Xunta de Goberno deu conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para a contratación e posta en funcionamento dun equipo de inclusión sociolaboral. O convenio, asinado en xaneiro, está incluído no II Plan Galego de Inclusión social e supón un investimento de 133.320 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 1,3 millóns de euros para o proxecto Persoa IV e para o Plan de Acción Local polo Emprego
O Goberno local aprobou os proxectos Persoa IV e o Plan de Acción Local polo Emprego 2008-2009. O primeiro ten un orzamento total de 720.000 euros e o segundo de 600.00 euros. Dáse así continuidade a dúas iniciativas que funcionaron con éxito en pasadas edicións.
URBANISMO
Visto bo á concesión de máis de 400 licenzas en Pontepedriña
A Xunta de Goberno aprobou a concesión de licenzas para a construción de 411 novas vivendas no SUP-7 de Pontepedriña. Deste xeito pode comezar a realización da maior parte dos inmobles previstos para este solo residencial.
EDUCACIÓN
Chega a Santiago a mellor exposición de bolboretas de España
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurou unha singular exposición sobre bolboretas e artrópodos dos cinco continentes no Colexio La Salle. Alí estará ata o 22 de febreiro.